martes, 30 de xuño de 2015

APERTURA PRAZO COLABORADORES COMEDOR

Apertura de prazo de prazo de admisión de membros da comunidade educativa como colaboradores voluntarios no comedor para o curos 2015-2016.
Para anotarse poderán pasar polo centro en horario de 9:30 horas a 11:30 horas ata o día 3 de xullo ou en setembro a partir do día 1.


STORY TELLING

Deixamos os enlaces para ver os vídeos íntegros dos Story Telling en inglés. Os nen@s practicaron moito para facelo así de ben. Unha experiencia moi enriquecedora para eles/as na cal aprenderon moitísimo mediante contos en lingua inglesa.

MIRÁDEO, SON FANTÁSTICOS!!!

STORY TELLING LETI E NAYARA


STORY TELLING DANI E ADRIÁN


STORY TELLING NEREA, SERGIO E AROA



STORY TELLING NOEL, DAVID E FABIÁN



STORY TELLING PAULA E LETI



STORY TELLING 1º CICLO





venres, 26 de xuño de 2015

ACTIVIDADES MES DE XUÑO

Boas!

A continuación deixaremos unha galería fotográfica das actividades realizadas no último mes:

EXPOSICIÓN FINAL DO PROXECTO "A NOSA CONTORNA" onde o alumnado puxo en común todo o aprendido no Proxecto Documental do curso 2014 - 2015 sobre Moeche.




CONTACONTOS FAMILIARES: última sesión desta iniciativa onde as familias podíades vir á escola a contar un conto cos nen@s. Moitas grazas a Andrés (papá de Emilly) por ler a historia de Caillou!!!




FOTOS DO STORY TELLING DO 1º CICLO: o grupo de 1º ciclo nos contou e escenificou "The enourmous turnip" en inglés. Proximamente subiremos vídeo da actividade...




REPOSTEIROS MODESTINOS: para a merenda do penúltimo día convertémonos en cociñeiros/as. En primeiro lugar facíamos a receita e despois... ÑAM!!!




DÍA DO MEDIO AMBIENTE: un ano máis o concello agasallounos cunha planta e lemos unhas lecturas sobre o tema.



EXCURSIÓN A CORUÑA: podedes ver en fotografías o ben que o pasamos na saída de final de curso (Domus, Casa das Ciencias, Planetario, Parque Santa Margarida e Monte de San Pedro).


ENTREGA DE PREMIOS "MASTECHEF MOECHE", "OS SELFIES DE MODESTINA" E "MODESTINA QUERE SABER..."



II XOGOS OLÍMPICOS SAN RAMÓN 2015: para rematar o curso pasamos unha mañá de deportes. Fixémolo moi ben!!!

mércores, 24 de xuño de 2015

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN



A nosa tartaruga quere desexarvos unhas felices vacacións de verán e recomendar unhas lecturas que seguro que vos gustaran. A aventura de ler continúa!!!




sábado, 13 de xuño de 2015

CLASIFICACIÓNS FINAIS CONCURSOS BIBLIOTECA

OS SELFIES DE MODESTINA


FAMILIA
PUNTOS ÚLTIMA ROLDA
PUNTOS FINAIS
1
LUCÍA
7,5
45,5
2
CARLOS BOUZA
8
45
3
PAULA SANJURJO
7,5
44,5
4
NOEL
8
44
5
MARTA
8
43
6
SANDRA
7,5
42,5
7
SERGIO E UXÍA
6
42
8
XAQUÍN
7,5
41,5
9
LOUREIRO
6
40
Tamén participaron Aroa, Nerea, Fran, Julián, Luca, e Tomás

MODESTINA QUERE SABER...


EQUIPO
PTS ROLDA FINAL
PTS TOTAIS
1
STARTS (Paula S., Nerea e Lucía)
5
92
2
PLANETA DE LAS CHICAS (Noel, Paula G. e Nayara)
6
78,5
3
GOLEADORES (Adrián, Daniel e Freire)
3
72,5
4
BEST FRIENDS (Marta, Sandra e Saray)
6
70,5
5
MANCHITAS (Uxía, Antía e Leticia)
2
69
6
LOS CRACKS (Fabián e David)
6
22

xoves, 11 de xuño de 2015

SAÍDA A SANTIAGO

O alumnado de 2º e 3º ciclo foi, o pasado luns, a realizar unha visita pola capital da nosa comunidade. Na mesma aprendemos moitas cousas:
- No Parlamento de Galicia nos ensinaron cales son as súas funcións, como traballan...
- Visitamos a Cidade da Cultura e, por suposto, a súa enorme biblioteca.
- Comimos e paseamos pola Alameda de Santiago.
- Despois dun paseo pola zona vella visitamos a catedral, tanto o seu interior como os tellados.

Saída complementaria das asignaturas de COÑECEMENTO DO MEDIO e CIENCIAS SOCIAIS.

Aquí tedes unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos...


mércores, 10 de xuño de 2015

ENTREGAS DE PREMIOS

No recreo do venres na biblioteca terán lugar as entregas de premios dos concursos:

- MODESTINA QUERE SABER...
- OS SELFIES DE MODESTINA
- MASTERCHEF MOECHE

Non faltedes!

RESPOSTAS "OS SELFIES DE MODESTINA" ÚLTIMA ROLDA

Aquí deixamos as respostas...

1.- O lugar coñecido no que descansaba a nosa tartaruga, como ben resolvístedes, era o antigo palco das festas de Santa Cruz. Se estamos nese lugar a Casa do Concello máis próxima é a de As Somozas (desde ese lugar chégase antes).

2.- Nesta segunda fotografía Modestina estaba colgada dunha árbore que hai ao pé da antiga Casa do Concello de Moeche, na parroquia de San Xurxo.

3.- Estabamos diante do colexio, e se pode ver o pavillón de deportes. Xusto detrás de Modestina temos unha estación meteorolóxica coa cal os nenos e nenas do cole miran as temperaturas, precipitacións etc
Tamén se pode ver a pista de fútbol sala do centro que se usa, cando nos portamos ben, para xogar...

4.- No último selfie do concurso Modestina foi ao aparcamento do pavillón polideportivo municipal, que é amplo para acoller os grandes eventos.


MOITAS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN NO CONCURSO. NON DUBIDEDES EN APUNTARVOS PARA O ANO PRÓXIMO!!!

FAREMOS A ENTREGA DE PREMIOS DESTE CONCURSO O VENRES NO RECREO. SORTE E QUE GANE O MELLOR!!!

BICOS MODESTINOS!!!

luns, 1 de xuño de 2015

AXUDA LIBROS E FONDO SOLIDARIO LIBROS CURSO 2015/2016

Informamos de que hoxe luns día 1 de xuño saíron publicadas as bases para a solicitude de axuda de libros curso 2015-2016 para alumnos que cursen 1°, 2°, 4° e 6°.
Tamén saiu publicado o fondo solidario de libros para os alumnos de 3° e 5°
Toda a información necesaria poden consultala no portal educativo da Xunta de Galicia ou tamén premendo neste enlace. Tamén poderán descargar os impresos de solicitude.
axuda de libros
fondo solidario de libros

Modelo solicitude fondo solidario

Modelo axuda de libros

THE VERY HUNGRY CATERPILLAR

Xa hai moito tempo que dúas alumnas de 5º curso, Paula Sanjurjo e Lucía Amor, levan maquinando unha historia...
Unha historia nada doada: facer un contacontos en inglés!!!

En primeiro lugar comezaron por coñecer o conto, practicar oralmente o que decía (coa axuda da mestra), memorizar etc
Pero non soamente era iso, senón que tamén crearon o conto nun formato máis grande para que se puidera ver!
En resumo, un traballo de moitas horas e esforzo, pero non hai mellor maneira de explicalo que vendo o que fixeron.

Aquí está: "THE VERY HUNGRY CATERPILLAR"




Todos esos nervios iniciais valeron a pena porque VAIA ACTUACIÓN!

NORABOA LUCÍA E PAULA!

GRAZAS!!!