xoves, 26 de xuño de 2014

EXCURSIÓN A MANZANEDA


Aquí tedes unhas fotos da viaxe de fin de etapa que realizaron os alumnos e alumnas de 3º ciclo á Manzaneda. Alí pasárono moi ben, fixeron actividades de todo tipo: sendeirismo, escalada, tirolina xigante, parque multiaventura, piscina, karts, discoteca e moito máis. Foi unha experiencia única que compartimos cos compañeiros/as do CEIP Nicolás del Río de Cedeira, cos cales fixemos moi boas migas. Pasámolo xenial!!!

Tamén queremos deixar un enlace á web do cole de Cedeira onde poderedes ver máis fotos e visionar un estupendo vídeo editado polo compañeiro Alex. Un pracer viaxar con todos vós!

Web CEIP Nicolás del Río

venres, 20 de xuño de 2014

Libros de texto

Libros de texto curso 2014-2015
Podedes consultar o listado de libros de texto para o vindeiro curso(2014-2015) no seguinte enlace

xoves, 19 de xuño de 2014

O VERÁN XA CHEGOU E... O COLE REMATOU!!!!

O noso último traballo do curso, este precioso "fondo mariño", da paso á chegada dun colorido VERÁN, as VACACIÓNS e ás gañas de DISFRUTAR.
Moitos bicos e apertas para TOD@S!!!!
FELICES VACACIÓNS!!!
Até o curso que vén!



venres, 13 de xuño de 2014

INFANTIL COÑECE ASIA...

Por fin chegou o día!!!! O pasado martes 11 de xuño, a aula de 3-4 anos deu a coñecer a todo o cole e na biblioteca, o que traballaran e aprenderan do continente ASIÁTICO ao longo do curso, e que por certo non foi pouco. Estes pequechos esforzáronse "un mundo" e puxeron moitas gañas en que todo saíra ben: tiveron ensaios e moitísimos nervios, querían que todo saíse perfecto, e... dende logo que o conseguiron. NORABOA RAPACES!! ESTIVÉCHEDES FENOMENAL!! Aquí vos deixamos, para que disfrutedes, o seu traballo: DE ASIA SABEMOS QUE:

Apertura prazo colaboradores voluntarios comedor curso 2014-2015



ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2014-2015.

Modelo autodeclaración

Saiu publicada a instrucción sobre servizos educativo complementarios para o curso 2014-2015: comedores e transporte. No tocante a comedores, informar de que a partir do día de hoxe(13 de xuño) ata o día 4 de xullo está aberto o prazo para entregar no centro o Modelo II de autodeclaración.
Descargar Modelo II

xoves, 12 de xuño de 2014

GUÍA DE VERÁN 2014

Xa está aquí o verán e con el, chegan as vacacións. Necesitamos descansar, pero tamén hai tempo para ler un bo libro.

Modestina deixa algunhas recomendacións de lectura:



martes, 10 de xuño de 2014

SORPRESA CON PLUMAS...

Hai unhas semanas tivemos a sorte de traer ás nosas aulas uns parruliños encantadores, cos que aprendimos unha morea de cousas e disfrutamos os nenos de infantil. Grazas á colaboración da nai da nosa compañeira Emilly. Agora disfrutade coma nós o fixemos.

POWERPOINT OCEANÍA

No powerpoint que veredes a continuación podedes ver un pequeno resumo sobre o traballo que fixeron ao longo do ano os alumnos/sa do terceiro ciclo sobre o continente que lles tocou traballar, OCEANÍA.

venres, 6 de xuño de 2014

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O pasado xoves 5 de xuño, foi o Día do Medio Ambiente e para celebralo plantamos polos exteriores do colexio moitas plantas e flores: xeranios, hortensias, lavanda, xirasoles, cabazas... e ata un pexegueiro!
Foi un duro traballo no cal os nenos e nenas sacharon, plantaron, regaron, pero sobre todo aprenderon moito e pasárono xenial.
En primero lugar fixemos a plantación arriba descrita e despois recibimos un regalo do Concello de Moeche, que nos obsequiou cunhas plantas e uns papeis informativos moi interesantes.
Deixamos algunhas fotos:

MODESTINA QUERE SABER... 3ª EDICIÓN


Velaí as tedes, as Starts son as flamantes vencedoras da 3ª edición do concurso "Modestina quere saber..." que organiza todos os anos a biblioteca do colexio.
Tras un ano enteiro resolvendo as dúbidas da nosa queirda tartaruga o concurso chegou ao seu fin e hoxe entregamos os premios, a clasificación final sería:
1º - STARTS (PAULA E LUCÍA)
2º -ARRASADORES (NOEL E DANI)
3º - CLUB 3º (LETICIA E NAYARA)
4º - DÚO GANADOR (DIEGO E ELÍAS)
5º - MODESTINAS (TANIA, IRENE E SAMEIRA)
6º - MADRILEÑOS (SERGIO E HUGO)
7º - START FINISH (PAULA G. E UXÍA)

Noraboa a tod@s porque foi o concurso máis igualado da súa historia e os debutantes mostraron un gran nivel. Para o ano seguinte máis e mellor!!!


LOITA NA ESCOLA

Nesta recta final de curso, estamos a aprender un novo deporte, a loita olímpica. É moi intresante e divertido. O profe Iván ven todos os mércores para ensinarnos a agarrar, derribar, voltear e demais cousas que se fan na loita, ademais de inculcarnos que é un deporte moi disciplinado e con unhas normas que hai que respectar. Moitas grazas!


EXCURSIÓN A MARCELLE

Como xa sabedes, a excursión de fin de curso realizámola o pasado 19 de maio a Marcelle. Alí, ademais de ver moitos animais e facer distintos talleres, aprendimos moitísimo. Aquí deixamos algunhas fotos!


LETRAS GALEGAS 2014




Durante o mes de maio traballamos moito a figura de Xosé María Díaz Castro nas aula e, para rematar con este traballo decidimos facer unha gran festa.
En primeiro lugar fixemos uns xogos populares nos que participaron nenos/as, pais, nais e mestres.
Foron moi divertidos, xa que tiámos que reunir un grupo de letras para formar a palabra NIMBOS, o único libro editado polo autor homenaxeado.
Acto seguido limos unha poesía chamado "Coma ventos fuxidos" e, como non podía ser de outra maneira, bailamos nunha gran foliada ao ritmo de "Os suplentes", que incluso nos deixaron tocar algún instrumento.

PASÁMOLO XENIAL!




mércores, 4 de xuño de 2014

CUMPLE LARA

Na aula de 3-4 anos estivemos de celebración: CANTAMOS, BAILAMOS, DEBUXAMOS E... DIMOS ALGÚN QUE OUTRO TIRÓN DE ORELLAS.
A nosa compañeira LARA xa é maior, cumpliu nada máis e nada menos que 4 ANOS. FELICIDADES!!


 

FOTOS DA VENTA NA FEIRA

Hai uns días fomos á feira a vender cousas para recadar cartos para a excursión de fin de curso. Foi un éxito total xa que vendimos todo o que levamos: libros de receitas, monumentos elaborados por nós e todos os restos do mercadiño de segunda man...

Aquí tedes unhas fotos que demostran os expertos comerciantes que estamos feitos/as: