Prazos de presentación de solicitudes (reserva e ordinaria de admisión)
O proceso de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática admisionalumnado(http://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) e o prazo de presentación abranguerá:
a) Solicitudes de reserva(ED550A:) do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024.(para o alumnado de 6º de EP que desexe reservar praza no CPI San Sadurniño).
b) Solicitudes ordinarias de admisión(ED550B): do 1 ao 20 de marzo de 2024
As familias que desexen complementar o anexo I e entregalo no centro, deberán solicitar cita previa para a súa entrega e deberá vir asinado por ambos proxenitores ou presentar o anexo I bis de consentimento.
No caso de cumprimentar a reserva de praza a través da aplicación "admisionalumnado" e formalizar a mesma na Sede Eletrónica con certificado dixital ou Chave 365, non será preciso entregar a solicitude na secretaría do centro, quen poderá recuperala na propia Sede Electrónica.( (https:/ /sede.xunta.gal/portada))
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.