domingo, 19 de abril de 2020

TAREFAS EDUCACIÓN FÍSICA SEMANA 20-26 DE ABRIL

Gymnast Stick Man, Man, Stick, Gymnastics, Stick Man


Para esta semana propoño un pequeno reto, gustaríame que practicásedes calquera dos retos que subín as outras semanas ao blogue, incluso algún novo que propoñades vós. Pode ser o voso deporte favorito, xogo etc, iso si, ten que implicar movemento.
Ides tomar unha fotografía de vós practicando dita actividade e enviarma ou ben por Google Classroom (1º a 4º de primaria) ou ben por correo electrónico (ampineiro25@gmail.com) os de infantil, 5º e 6º.
Con todas as fotos que reciba realizarei un vídeo que subirei o 28 de abril (Día da Educación Física na rúa) que este ano celebraremos na nosas casas. Ningún virus vai evitar que nos movamos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.