venres, 17 de abril de 2020

TAREFA DE PLÁSTICA PARA A SEMANA DO 20 AO 25 DE ABRIL

Ola chic@s:

Antes de nada felicitar a todos os que me enviáchedes os vosos traballos porque son moi fermosos.

Lembrar aos que non o fixestedes ou non o enviachedes que tedes obriga de facelo posto que os mestres estamos levando rexistro de todos os voso traballos.

Para esta semana, con motivo do "Día da Terra", o traballo que debedes facer é unha creación artística libre que teña como tema a Terra( sol, peixes, paisaxes, ....).

Déixovos unhos exemplos pero simplemente a modo de guía, cada un debe facer o que queira e tamén tendo en conta os materiais dos que dispoñades na casa, se son de refugallo mellor que mellor.

Baixo ningún momento, debedes saír da casa mercar nada para facer estas actividades.
Motas veces temos pola casa cousas que pensamos son inservibles pero se pensamos e o facemos con imaxinación, sempre poden valer para algo.

Unha vez o teñades feito, debedes enviar unha foto ao correo gmail: almudenayanezrodriguez@gmail.com 

FACÉDEO CON CALMA, DISFRUTANDO E SE PODE SER EN FAMILIA MELLOR QUE MELLOR, PODEDES RECIBIR AXUDA DOS VOSO PAIS, AVOS, NAIS, AVÓAS,...






Aquí van eses exemplos:




3 comentarios:

  1. Buenos días,puedes recordarnos cómo y a dónde podemos enviarte los trabajos de música y plástica de forma privada? Seguramente yo no me enteré cuando proporcionaste la información, disculpa las molestias.

    ResponderEliminar

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.