martes, 24 de decembro de 2013

FELICITACIÓN DE NADAL

Neste vídeo podedes ver a felicitación de Nadal que fixeron os alumnos/as de terceiro ciclo para tod@s vós. Boas festas e vémonos á volta!

Clica no enlace.

Vídeo felicitación terceiro ciclo

domingo, 22 de decembro de 2013

Cuota voluntaria do comedor

Nota informativa:

Agradecemos dende o centro a colaboración daqueles país/nais que xa fixeron o ingreso da cuota voluntaria na conta do comedor. Como sabedes, o comedor do centro con estas pequenas axudas pode ofertar unha comida de mellor calidade aos nenos e nenas do colexio. Tamén permite ao comedor poder mellorar un pouco as instalación(mercaremos novas estanterías para que cumpran cos requisitos de inspección sanitaria).

Dende aquí queremos agradecer tamén ao concello o seu esforzo de mellora no centro. Durante estas vacacións, poñerán nova a carpintería da cociña.

Recordar, finalmente, a todas aquelas familias que aínda non colaboraron coa cuota voluntaria do comedor( e podan facelo) que o fagan para poder seguir traballando por unha boa alimentación dos rapaces.

martes, 17 de decembro de 2013

GUÍA DE NADAL 2013

Modestina vos recomenda unhas lecturas para estas vacacións de Nadal.



O Recuncho de Nadal

Os nen@s de Infantil unha vez máis contribúen no cole co seu traballo, amósannos agora o seu recuncho adicado á  época do ano que tanto ansían e desexan: O NADAL.
Momento do ano nos que  tod@s pensamos con maior intensidade na familia, nos bos desexos, na amizade, na solidaridade... e por suposto os máis pequechos na chegada de PAPÁ NÖEL e os REIS MAGOS cargadiños de agasallos para os que se portan ben.
Así pois, aquí tedes estas fotos:






 


domingo, 15 de decembro de 2013

TRAILER AMIGOS POR SORPRESA

 


Aquí tedes o vídeo do trailer oficial da obra "Amigos por sorpresa" que representarán os nenos e nenas de 3º ciclo o Venres no festival de Nadal do cole.
Vémonos!!!




sábado, 14 de decembro de 2013

Bos hábitos coa comida

RECOMENDACIÓN:

Aquí vos deixo un enlace moi interesante que pode axudar a reflexionar sobre a importancia dos bos hábitos de consumo.
Propóñovos que o miredes cos vosos fillos/as e lles expliquedes o significado deste traballo.

Boas practicas de comida

mércores, 11 de decembro de 2013

NOVAS NO FUNCIONAMENTO DO COMEDOR

NOTA INFORMATIVA:

Quero comunicar uns pequenos cambios que se están a levar a cabo no comedor escolar:
  • Como seguro que xa vos comentaron na casa os vosos fillos e fillas, dende hai un mes máis ou menos, vimos restrinxindo o consumo do zume e do leite no comedor. A razón non é económica senon sanitaria. No cursiño recibido no CFR de Ferrol sobre os menús dos comedores escolares( ao que asistiron tanto a cociñeira como o encargado de comedor), os médicos informaron de que non era convinte o consumo nin de leite nin de zume; éste último pola gran cantidade de azucre que contén. En consecuencia, tomouse a decisión de non eliminar por completo a oferta de estas dúas bebidas no comedor(porque teñen moi boa aceptación entre os nenos e nenas) pero sí de reducir o seu consumo a medio vasiño por día.
  • En 2º lugar, comentar que a partir de agora, os anacos de pan que se porán na mesa serán máis pequenos. A razón é que moitos nenos/as non o comían e ía directamente ao contenedor de lixo, o que ademáis dun desperdicio é un mal exemplo para os hábitos de consumo alimentario que queremos inculcar no alumnado. Por suposto, isto non quere dicir que os nenos/as que desexen comer máis pan non poidan facelo; todo o contrario, poden repetir pan canto queiran sempre e cando sexa para comer.

martes, 10 de decembro de 2013

ESTRENANDO SECCIÓN DO COMEDOR DO COLE


Nesta nova sección do blogue poderedes ver tanto os menús mensuais coma moitas informacións interesantes sobre o comedor escolar.

Bo proveito!


luns, 9 de decembro de 2013

PREGUNTAS ROLDA 3

Aquí está de novo Modestina con novas cousas que quere saber...

1.- En que libro podes ver o seguinte debuxo? (Está no biblioteca...).

2.-Cal é o erro do cartel da imaxe?
3.- Onde se atopa e como se chama o volcán en activo máis grande do mundo?
4.- Modestina foi ao último festival Irmandiño, pero xa sabedes que ela é moi olvidadiza...
Quere saber como se chamaba a persoa que leu o último pregón?
5.-  A continuación, Modestina deixa unha carte que lle enviaron un tal George Harrison e outro que se chamaba G.C: Oosthuizen a J.P. Kruger.

Señor J.P. Kruger.
Estimado señor:
Por la presente, le hago saber que el señor Sors Hariezon ha venido a yerme y me ha dicho que la quebrada que él sabe es rentable. Lo envío, pues, a usted, señor Kruger, para que puedan hablar del asunto.

Su fiel amigo y servidor
G.C. Oosthuizen




De que lle está a falar? Por que podemos decir que Harrison cometeu un gran erro?

6.- Víctor Lusting e Daniel Collins conseguiron facer unha das vendas máis curiosas da historia... De que venda fala a nosa mascota?
7.- De que país é esta bandeira?

8.-Modestina é moi amiga do famoso pirata Jack Sparrow. Este amigo seu é moi traste e fixo unha das súas...
Puxo a súa cara nun famoso cadro. O que Modestina quere saber é de que cadro se trata?

9.- No proxecto da biblioteca estamos a traballar 5 continentes, deixando un pouco olvidado o sexto, cal é?
10.- A que capital representa esta fotografía?


11.- Falemos de Moeche. Modestina quere saber cal das cinco parroquias é a menos poboada de Moeche?
12.- Está a chegar o Nadal e xa sabedes que van a visitar as nosas casas Os Reis, Papá Noel e incluso o Apalpador. Pero o que quere saber a tartaruga neste momento é como lle chaman a este último na zona de Trives...
13.- A ver, a ver... Que teñen en común todas as seguintes localidades: ESTELLA, MONJARDÍN, SANTO DOMINGO DE LA CALZADA, ASTORGA, VILLAFRANCA DEL BIERZO, PORTOMARÍN E PALAS DE REI.
14.- No conto de Cheme Heras e Kiko Dasilva, que noite era a que Martiño tiña ganas de mexar?
15.-
 

EXTRA: Suma dous puntos extra conseguindo máis de 100 puntos no xogo das bandeiras. Clica neste enlace para practicar. Cando sexas capaz, demóstrallo a Abel na biblio e consegue os puntos extra.
XOGO DAS BANDEIRAS



xoves, 5 de decembro de 2013

mércores, 4 de decembro de 2013

CLASIFICACIÓN!!!

CLASIFICACIÓN DESPOIS DA SEGUNDA PROBA


POSICIÓN EQUIPO PUNTOS FOLLA 2 TOTAL DE PUNTOS
1
CLUB 3º 13,5 27
2
STARTS 12,5 25
3
EL DÚO GANADOR 9 23
4
MODESTINAS 11 22,5
5
STARTS FINISH 13,5 22,5
6
LOS ARRASADORES 11 22
7
MADRILEÑOS 13,5 13,5
8
MOECHE 8 8





WOW!!! Modestina está abraiada, parece que é a edición máis disputada de todas!!!

Atendede a esta sección para seguir traballando en novas follas de preguntas nas que me tedes que axudar. Ademais seguirá habendo xogos extra para sumar máis puntos!!!

RESPOSTAS ROLDA 2

Xa está Modestina, que levades uns días pedíndolle que suba as respostas...
Velaquí van as respostas da segunda rolda.

1.- O señor que aparecía na foto debía soar un pouquiño, xa que, consultando no fondo local da biblio viamos que era ROI XORDO, líder das revoltas irmandiñas que tanta festa nos dan en agosto...
2.- Claro que si, Moeche é de cine. No castelo rodáronse unhas escenas da película "A casa da luz", inspirada nunha obra de Xabier Docampo, que virá ao cole no presente curso.
3.- Unha pista..
.... e creo que xa non hai máis que dicir, non?
4.- Thalassa, thalassa..era o mar. Noraboa porque nesta houbo pleno.
5.- Niké e a deusa grega que simboliza a victoria, de ahí que a empresa Nike collera o seu nome para a súa marca deportiva.
6.- Pobre Percy Spencer, facendo un experimento de ondas electromagnéticas derretiuselle unha chocolatina que levaba no peto. Este home, que era listo coma un allo, matinou e matinou ata que deu co invento do MICROONDAS.
7.- O estado do que falaba Modestina é Alaska.
8.- A (cun circuliño enriba da letra xa que o PC non mo quere deixar poñer) é o municipio de Noruega (Europa) que ten o privilexio de ser o nome máis curto de todos.
9.- Ese nome tan largo (normal que a primeira sospeita fora unha caída sobre o teclado) corresponde a unha colina en Nova Zelanda, Oceanía.
10.- A foto representaba á Gran Muralla en China, como todos e todas acertáchedes.
11.- Ollo...





Pois si, era Leshoto.
12.- Se indagarades un pouco na biblio, no noso xa famoso libro de Exipto, observariades que eran un can e un gato os animais momificados.
13.- Siiiii, Eduardo Pondal se escondía agochado noutra sección do blogue.
14.- A foto representa o gran Coliseo Romano. Espectacular!
15.- Aiii, os false friends. Cantas veces vos falaría a profe María sobre eles...
Pois, como algún grupo dixo, os false friends refírense a aquelas palabras que por escribirse de forma parecida ou igual en español e en inglés os confudimos en significado.

PARA A PRÓXIMA, MÁIS E MELLOR!


2ª Categoría de chistes: "Chistes do nadal"

2ª CATEGORÍA DO CONCURSO DE CHISTES:" CHISTES DO NADAL"

Da comenzó a 2 ª parte do concurso de chistes. Xa podedes empezar a mandarlle chistes a Chistín, pero lembrade que deben ser só do Nadal. Ánimo e a participar todos e todas!

25 DE NOVEMBRO



Como xa sabedes, o pasado 25 de novembro celebrouse no centro o día en contra da violencia de xénero. Para iso contamos coa colaboración de Concello que organizaou un concurso de lemas, queremos felicitar a todos os/as participantes por esforzarse tanto pero tamén hai que dar un especial recoñecemento a Nerea (3ª clasificada), Diego (2º clasificado) e a Sergio Cereijo ( 1º clasificado).

Despois dos lemas houbo unha gran xincana na cal os nenos e nenas fixeron numerosas tarefas do fogar demostrando que son cousa de dous, e que todos e todas debemos colaborar. Pasámolo moi ben e sobre todo, aprendimos moito!

Clica no enlace de abaixo para ver todas as fotografías.

FOTOS

martes, 3 de decembro de 2013

A CENORIA XIGANTE


Modestina estaba na biblioteca, como de costume, pero algo raro había alí montado, que sería...


Parecía que algo fermoso ía ocorrer, un teatriño preparado, unha historia lista para ser contada e, por suposto, a maxia dos contos esperando abraiar a alguén pero... a biblio estaba vacía!!!
Modestina púxose mans á obra, chamou a Abel e mandouno a buscar un grupo de nenos e nenas que quixeran escoitar o conto de A Cenoria Xigante. E alí apareceu Abel cos "máis grandes" do cole...



De súpeto, empezaron a escoitarse voces por detrás do escenario e o fermoso conto comezou a ser narrado. Pero... quen sería esa xente que había por detrás? velaquí unha pista:



Iso si, despois do pedazo de conto, os nosos especiais "contacontos" merecían un gran aplauso... veña tod@s adiante...





CHARLA GARDA CIVIL


No centro tivemos unha charla da Garda Civil sobre o uso responsable de Internet por parte dos nenos e nenas. Aprendimos moitas cousas sobre redes sociais, seguridade na rede e, sobre todo, solucionamos moitas dúbidas. Ademais, para finalizar a charla, houbo unha gran sorpresa...

Deixáronnos ver o coche por dentro!!! Puxemos a serea e todo!!!

Pasámolo moi ben. Moitas grazas!!!

No seguinte enlace podedes ver todas as fotos:   FOTOS


CINE MAYA

Coma tódolos venres, na biblioteca de Modestina houbo cine!!! Nesta ocasión a nosa tartaruga viu a peli sentada cos nenos e nenas, mirade as fotos!

Agora si, a cantidade de cousas que aprendimos dos Mayas, eran moi intelixentes...

Iso si, pouca afluencia, xa que, contra o señor Lorenzo, non se pode competir...

Aquí as fotos!!!