xoves, 28 de xuño de 2018



     Na línea de traballo de todo o curso dende a Biblioteca e dende o colexio, o curso de 3º e 4º expoñen a parte de "Pioneiras" co que conclúe esta actividade. Fixeron un momentón de entrevistas ás mulleres traballadoras da contorna, e aquí, no seguinte vídeo podedes escoitar.
     Grazas pola vosa colaboración!!




        Outro ano máis o alumnado colaborou coas ARTES DA BIBLIOTECA, actividade voluntaria
        dende as Mochilas Viaxeiras. Realizáronse moitas e diversas, e tres delas levan un premio,
        seleccionadas por votación entre todos os alumnos e profesorado do colexio.
        Grazas a todos por colaborar!!
        Clica no vídeo e podedes ver todas as que se fixeron!!

         





 
         
           Aquí van unhas imaxes das artes gañadoras!!
          




   Aprender distintas linguas é moi importante, e no noso cole a algo que facemos todos os días!!
   Fai uns días tivemos a visita no noso colexio da Federación de Xordos de Galicia, ensinando ao 
   alumnado Linguaxe de Signos. O alumnado estivo practicando previamente coa especialista  de Audición e Linguaxe, e a todos entusiasmou!!    
   Grazas por estas aprendizaxes e volvede cando queirades!!









    Fai uns días tivemos o pracer de recibir no noso colexio a un grupo de alumnos de ASPANAES.
    A lectura do conto  "Paco Papán", polo alumndo de 5º e 6º, o recorrido polo cole cumprindo as   normas de educación vial (Proxecto de centro), diálogo, xogos... foron actividades que se realizaron para que estes alumnos e os seus mestres se sentisen agusto no noso colexio.
    Grazas por vir e compartir estes momentos connosco...!!

    






























mércores, 27 de xuño de 2018




          BIBLIOTECAS   SOLIDARIAS

       Dende Bibliotecas Solidarias e dende o noso colexio queremos agradecer o traballo 
       levado a cabo durante o curso ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria, como
       encargados-voluntarios...
       Faise entrega ao alumnado duns diplomas e unhas camisetas. 
       Grazas polo voso tempo, dedicación...!!

      














LECTURAS   ENTRE   IRMÁNS   QUE   MARCHAN...

            Dende a Biblioteca consideramos importante crear momentos inolvidables... Compartir 
            a lectura entre irmáns que marchan do cole cara o instituto, son uns deses momentos que
            os nosos alumnos disfrutaron e seguramente non esquecerán.
            Aquí podedes ver algunhas imaxes..   

    MARÍA   E  IRENE