
Os nenos e nenas de terceiro ciclo estiveron traballando os refráns e aproveitando que estamos chegando as festas de Magosto e Samaín...
"Auga de agosto, nin bo viño nin magosto".
"Calor en xuño, castañas seguro".
"Polo Pilar, as primeiras castañas tes que asar".
"Relámpagos en San Xoan, as catañas o pagarán".
"Quen moito amenaza, o medo ten na casa".
Inlcuso algunha poesía:
"En Samaín comín,
castañas do Magosto,
que non se comen en agosto."
"Polo Samaín,
as meigas veñen a min
e asustanme sen fin."
"Outono bonito
folliñas no chan,
castañas asadas
que ricas están!"
Hai moitos máis, pero esta pequena mostra xa non está nada mal...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.