venres, 22 de febreiro de 2019

xoves, 21 de febreiro de 2019

luns, 18 de febreiro de 2019

TRAXE ENTROIDO

Nesta fotografía podedes ver como é o material solicitado:


Como podedes ver, Modestina ten unha prancha de cartón que lle cubre desde o pescozo ata un pouco máis abaixo da cintura. A idea sería que trouxerades catro pranchas do mesmo tamaño (sendo o tamaño o adecuado para os vosos/as fillos/as). O resto de materiais estarán xa no centro e serán os titores os que acorden coas familias como se realizará o pago dos mesmos.

ADMITIDOS NO CPI SAN SADURNIÑO


No enlace podedes comprobar o listado de admitidos no CPI San Sadurniño  tras a tramitación da reserva de praza.

LISTA DE ADIMITIDOS

CAMBIO MENÚ MARTES DÍA 19 DE FEBREIRO

Por ausencia da cociñeira, mañá martes día 19 de febreiro, o menú será o seguinte:

1º Plato: Ensalada de pasta

2º Plato: Xamonciños de polo con patacas asadas

Postre: Pera

PARTICIPACIÓN NO CONCURSO IN SABROSO



Este curso en colaboración co comedor escolar, a biblioteca participou no concurso In Sabroso.
Obtivemos un total de 20 pelotas Kiwi coas que xa están a xogar os nen@s do colexio.

domingo, 17 de febreiro de 2019



    Hoxe, 14 de febreiro, Modestina deixou para tod@s: alumn@s e mestr@s un pequeno

    agasallo e cuns fesmosos versos animando á lectura.


Feliz Día a TOD@S!!









martes, 12 de febreiro de 2019

XORNADA DE PORTAS ABERTAS



Estimadas familias:

O vindeiro venres 22 de febrero a partir das 10:30 horas, teremos no colexio unha xornada de portas abertas para o alumnado de novo ingreso do curso 2019-2020. Queremos convidarvos a que veñadas a coñecernos e participedes cos vosos fillos e fillas dunha xornada no centro.
Pretendemos con isto que vexades desde dentro como funcionamos e tamén que os nenos e nenas teñan a oportunidade de xogar xuntos e compartir novas experiencias.
Esperamos a vosa asistencia. De non poder vir por algunha razón, podedes poñervos en contacto co colexio e intentaremos buscar outra posible data.

Un saúdo

martes, 5 de febreiro de 2019

NOVOS VÍDEOS DOS NOS@S YOUTUBERS

@s Históric@s 3.0 teñen á vosa disposición novas producións para que poidades disfrutar delas. Nesta ocasión tocaba celebrar a PAZ:



FOTOS ANDAINA SOLIDARIA

Por fin, na xornada de hoxe puidemos saír a realizar a nosa camiñada solidaria. Tódolos participantes tiñan que aportar un kg de alimentos non perecedoiros que serán doados á Cociña Económica de Ferrol.
Saímos do cole en dirección ao concello, acompañados/as das familias que quixeron vir con nós e, unha vez alí, procedemos a entregar as nosas achegas.
Para finalizar fixemos un símbolo da paz humano e cantamos unhas cancións da temática desta semana: a paz.
Queremos agradecer a toda a comunidade educativa que participou na actividade e ao Concello de Moeche pola súa colaboración.

Fai clic aquí para acceder ás fotografías...

luns, 4 de febreiro de 2019

ANDAINA MARTES 5 FEBREIRO

Mañá, 5 de febreiro, realizaremos a andaina solidaria ata o concello. Para participar non tes máis que acudir ás 12:15 horas á porta do centro para camiñar con nós por unha boa causa.

ANÍMATE E CORRE A VOZ!

venres, 1 de febreiro de 2019

VÍDEOS FESTIVAL DE NADAL

Non foi sen tempo...
Pero por fin temos os vídeos do festival de Nadal!!!


 Actuación de Nadal CEIP San Ramón de Moeche 2018

1ª Actuación Pequerrechos "Turrón e Mazapán"
 
2ª Actuación "Hoxe na Escola"


3ª "O Canón"


4ª "O raposo e a  cegoña"
  
5ª "Lourenzo e Catalina"

6ª "O Peixe Brillante"
 

7ª Actuación "Amigos do corazón"
 

8ª "Peques English"


9ª "Aquí Moeche


10ª "Happy strings"