venres, 27 de abril de 2018

próximo xoves 3  de maio terá lugar, no salón de actos do CFR de Ferrol en horario comprendido entre as 17 h e as 19 h,  unha nova xornada de  "A educación a debate" que versará sobre a Educación Emocional .

POÑENTES DA XORNADA:

  • Carmen Loureiro López. Especialista en Ed. Emocional.
  • Lucía Carracedo Fraga . Mestra do CEIP Plurilingue Virxe do Mar.
  • Patricia Rodríguez Juste. Representante da ANPA Galatea.
  • Sara Paz López. Alumna de 5º de Primaria ( titora de TEI )
  • Ylenia López Ramos. Alumna de 6º de Primaria. Participa no programa Promoción da Convivencia e o Desenvolvemento persoal no alumnado.
Achégase cartel informativo.

mércores, 25 de abril de 2018

PASEO DEL ELEFANTE DE HENRY MANCINI 4ºcurso

Hola 4º. Aquí os dejo "el paseo del elefante" trabajado en clase. Escuchálo para hacer las tareas de esta semana. Escúchalo las veces que  necesites, no intentes apreciar todos los detalles en la 1ª audición.



martes, 24 de abril de 2018

SAÍDA PARA CONMEMORACIÓN SOBRE O AUTISMO

O centro ASPANAES, co cal temos estreita relación debido a que un dos nosos alumnos estuda en ambos centros, convidounos un ano máis a disfrutar dunha xornada para conmemorar un día de concienciación sobre o autismo. Preparamos unha pequena mensaxe para romper barreiras a favor de dita enfermidade e despois bailamos e pasámolo moi ben. Deixamos algunha foto da actividade:




mércores, 18 de abril de 2018

3º CATEGORÍA DO CONCURSO DE CHISTES

Ábrese o prazo da 3º categoría de chistes: CHISTES DE " ÁBRESE O TELÓN..."

ANIMÁDEVOS E ENTREGADE CANTOS MÁIS MELLOR.  Ampliamos o prazo ata o día 5 de maio.

GAÑADORA DA 2ª CATEGORÍA DE CHISTÍN

Xa temos gañadora desta 2ª categoría de chistes de animais.

 A gañadora é LAURA RODRÍGUEZ DE 2º . PARABÉNS!!!      

domingo, 8 de abril de 2018

O día 4 de abril 2018 tivemos o placer de compartir historias e xogos con Antón Cortizas.
Aquí deixamos unha imaxes que nos recordan este día!!

martes, 3 de abril de 2018

POR CADA PÉTALO CAÍDO

Hai ocasións nas que o alumnado sorprende ante unha tarefa cotiá. Nesta ocasión o mestre solicitaba aos seus alumnos/as que escribisen un conto que conseguise desatar algunha emoción ao lector.
E vaia se o fixo a nosa compañeira Marta...
Preparade pano de papel e clicade no enlace de abaixo...


clip Biblioteca Escolar Moeche

Gustosos de participar nos Encontros PLAMBE que terán lugar en Santiago os días 12 e 13 de abril de 2018, subimos o clip de vídeo (atendendo ás condicións de participación establecidas), sobre a nosa Biblioteca Escolar.