martes, 12 de febreiro de 2019

XORNADA DE PORTAS ABERTAS



Estimadas familias:

O vindeiro venres 22 de febrero a partir das 10:30 horas, teremos no colexio unha xornada de portas abertas para o alumnado de novo ingreso do curso 2019-2020. Queremos convidarvos a que veñadas a coñecernos e participedes cos vosos fillos e fillas dunha xornada no centro.
Pretendemos con isto que vexades desde dentro como funcionamos e tamén que os nenos e nenas teñan a oportunidade de xogar xuntos e compartir novas experiencias.
Esperamos a vosa asistencia. De non poder vir por algunha razón, podedes poñervos en contacto co colexio e intentaremos buscar outra posible data.

Un saúdo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.