martes, 5 de febreiro de 2019

FOTOS ANDAINA SOLIDARIA

Por fin, na xornada de hoxe puidemos saír a realizar a nosa camiñada solidaria. Tódolos participantes tiñan que aportar un kg de alimentos non perecedoiros que serán doados á Cociña Económica de Ferrol.
Saímos do cole en dirección ao concello, acompañados/as das familias que quixeron vir con nós e, unha vez alí, procedemos a entregar as nosas achegas.
Para finalizar fixemos un símbolo da paz humano e cantamos unhas cancións da temática desta semana: a paz.
Queremos agradecer a toda a comunidade educativa que participou na actividade e ao Concello de Moeche pola súa colaboración.

Fai clic aquí para acceder ás fotografías...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.