luns, 21 de outubro de 2013

PROXECTO "MODESTINOS POLO MUNDO"



Boas!

Modestina quere presentarvos o novo proxecto deste curso 2013 - 2014. Este ano traballaremos a interculturalidade mediante un viaxe ó longo do planeta nas diferentes aulas. Para iso, a nosa mascota repartiu polos diferentes grupos os continentes do mundo para traballalos nas diferentes áreas. E así quedou o reparto:

  • A clase de 3 e 4 anos: ASIA.
  • 4 e 5 anos: EUROPA.
  • 1º ciclo: AMÉRICA.
  • 2º ciclo: ÁFRICA.
  • 3º ciclo: OCEANÍA.
As diferentes clases xa están traballando a tope e na biblio tamén, por iso Modestina convidavos a tod@s a participar na elaboración dun mural-mapamundi que será exposto no taboleiro!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.