venres, 3 de abril de 2020

Recomendacións para semana santa.

Bo día rapazas e rapaces!!! Pois xa está case a piques de comezar a semana santa....
Para todos estes días, déixovos unha serie de recomendacións que podedes levar a cabo:

  • En primeiro lugar, dende a Biblioteca, Isa e Modestina, dende Educación Artística (Música e Plástica), Educación Física, Inglés, Relixión e o Departamento de Orientación (PT e AL), tedes actividades e propostas moi interesantes.
  • En segundo lugar, déixovos vídeos para repasar algúns contidos que traballamos na clase. Algúns son de 3º e outros de 4º, pero non está de máis que os vexades todos, pois así repasades.
  • Por último, colgueivos tamén algunhas actividades online.

Disfrutade moito destes días!! Xa queda menos! 💪😎



CORTOS EDUCATIVOS
Esta primeira actividade consiste en ver unha serie de cortos educativos de Pixar, algúns deles xa os vimos na clase, pero non está de máis volver velos. A continuación, no PDF tedes unha ficha onde teredes que relacionar cada corto educativo co "valor" correspondente.
Son oito vídeos, duran moi poucos minutos, pero podedes repartilos e ver un ou dous cada día.
Facede clic!!


CIENCIAS SOCIAIS
CIENCIAS DA NATUREZA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.