venres, 3 de abril de 2020

DESEXO DE MODESTINA!!




PIDAMOS ÁS BOLBORETAS…

Neste días as bolboretas chegan coa primavera.
Temos que quedar nas casas, pero podemos velas a través da nosas fiestras.

Modestina tivo unha idea xenial e quere compartila con todos vós!!

Pidámoslles ás bolboretas que leven os nosos desexos, as nosas mensaxes...

Crea a túa bolboreta... con materiais que temos na casa, debuxándoa, con pezas tipo "Lego", sacando algunha foto a algunha bolboreta que vexas na túa ventá... e inventa un poema, un pareado, escribe unha bonita frase a modo de desexo e faillo chegar a alguén a través das bolboretas.

Modestina quere axudarvos, así que podedes enviar as vosas peticións ao correo bibliotecasanramonmoeche@gmail.com 

Animádevos. 







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.