mércores, 15 de abril de 2020

PARTICIPA NO CONCURSO "MOECHE TERRA DE FEIRAS"


Estimadas familias:

Dende o centro queremos colaborar co concello no concurso que leva por nome "MOECHE TERRA DE FEIRAS" co que ademais de homenaxear á feira, damos unha nova mostra da unión entre toda a comunidade educativa.
Dende aquí animamos a todos os nenos, nenas, familias.... a que tomen parte deste concurso nunha ou en todas as modalidades. Se precisades axuda de nós, aquí estamos para o que poidamos.

Unha vez teñades o traballo feito e listo para presentar, debedes entregalo ao voso titor ou titora que dará o visto bó (caligrafía, ortografía, presentación....) ou dará suxerencias para melloralo.  
 Unha vez revisado, O centro encargarase de entregalo ao concello.

O prazo de presentación remata o 30 de abril.
 
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR  CON CREATIVIDADE E ORIXINALIDADE.

Neste enlace podedes consultar as bases do concurso.

Bases concurso 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.