mércores, 15 de abril de 2020

Mes do libro. Mes dos APADRIÑAMENTOS!!



Ola!
Xa que non podemos estar no cole e estamos no mes adicado ao libro, non imos permitir a ese malvado bicho que anda por aí que aos nenos e nenas do colexio San Ramón de Moeche queden sen o seu querido e ansiado día do APADRIÑAMENTO LECTOR!!

Isa e máis eu (Modestina) como temos moito tempo, decidimos buscar libros interesantes e axudar  aos raparigos e raparigas de 5º e 6º (os voluntarios do noso cole, que sempre están colaborando na biblioteca). E por que para eles?

Pois cóntovos! 
Fai uns días recibimos no correo da biblio, unha petición de todas e todos os de quinto e sexto, e preguntaban á coordinadora da biblioteca como podían seguir colaborando nas tarefas dende a casa!!  
Que fantásticos sodes, que xeniales!!   Agradecidas por esa petición, puxémonos mans á obra!!

Propoñemos esta idea de Modestina e Isa:
Durante todo o mes de abril, e comezando xa no día de hoxe,  faremos un apadriñamento especial. 

Consiste no seguinte:
1º: cada día dous alumnos de 5º e 6º adicarán a uns nen@s do cole uns libros especiais para eles.
2º Sería interesante que todos os que aparecedes nombrados leades eses contos, e se vos apetece deixar algunha mensaxe aos vosos padriños. Pode ser en forma de debuxo, vídeo, comentario no blog… Aqueles que non aparecen mencionados, irán aparecendo ao longo destes días, pero se vos apetece tamén podedes ler os libros elexidos para os outros compañeir@s.
3º Non é necesario ler o conto o mesmo día, podedes ler cando queirades.
4º O alumnado máis pequeno do cole, pedide axuda ás vosas nais, pais… e así tamén compartides un libro en familia.
5º Tamén aparecerá algún título de libro recomendado polos profes do cole!
5º Esperemos que vos guste e principalmente disfrutedes da experiencia.


Cando nos referimos a todo o mes de abril é porque o día 2 foi o día especial do libro infantil, xunto co día do autismo, e tamén na Semana Santa ofrecemos dende a biblio libros para ler e entreter nestes días raros de “vacacións de Pascua”.


Non queremos dar comezo a esta actividade, sen dar as grazas a todas as editoriais, escritores, ilustradores, contacontos… que nos axudades na nosa tarefa e fai que sexa máis doada, neste tempo tan complexo. Somos conscientes da vosa situación, causada por todo o que estamos a vivir, e sen embargo non dubidades en compartir con gran cariño o voso traballo.
Esta mensaxe non a escribe só Modestina, tamén todo o claustro do Colexio San Ramón de Moeche.
GRAZAS MIL!!



COMEZOS O APADRIÑAMENTO DE HOXE:


Cristian Fraguela (6º de primaria) padriño de:    JOSUÉ e RODRIGO (6º e 4º de infantil)

 dedícalles este conto contos Os Bolechas "Que medo!"  (pinchar no enlace).

Lidia (5º de primaria) madriña de:  LOLA  e  ANDRÉ  (2º de primaria).

dedícalles  este conto  CAPERUCITA DE COLORES  (pinchar no enlace).


Ata mañá!!  A quen lle tocará!!   Bicos!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.