xoves, 4 de maio de 2023

Visita de Pere Tobaruela

Hoxe, no CEIP San Ramón veunos visitar o escritor catalán Pere Tobaruela. 

Os cursos de 1º e 2º de primaria estiveron falando sobre "Mariña e o balón" e os cursos dende 3º a 6º estiveron debatindo sobre "Formig4s. Misión Rosalía".  Ambos libros foron lidos e traballados nas aulas durante a hora de ler. 

Pere, entre broma e broma, contestou múltiples preguntas feitas polo alumnado e falounos da importancia da lectura, xa que é unha xanela ao mundo exterior. 

Tras o debate e preguntas, asinoulle a cada alumno e alumna o seu libro cunha dedicatoria.

Moitas grazas, Pere!






 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.