martes, 23 de maio de 2023

FONDO LIBROS E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 FONDO LIBROS E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 Sairon publicadas as Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 19 de maio de 2023.

ORDE FONDO LIBROS 

Prazo de solicitude:     do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

Forma de presentación:

  • Electrónica: a través da Sede Electrónica. Procedemento administrativo:     ED330B

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubrindo os datos na  aplicación(), imprimindo(FONDO LIBROS os Anexos I e II producidos e presentándoos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presentados no centro educativo

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023

Para a entregue da documentación no centro, deberase facer con:

 CITA PREVIA(881930329/30) 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.