xoves, 25 de maio de 2023

PIM PAM EXPERIMENTA!

Pim Pam experimenta é un novo programa que sairá cara o verán na TVG, e ao cal fomos convidados, xunto cos amigos/as do CEIP ELADIA MARIÑO de Cabanas. Trátase dun concurso onde se mesturan varias probas en relación a unha temática, no noso caso tocou o cerebro. As probas eran tanto preguntas como xogos de habilidades onde tiñamos que poñer a proba a noso cerebro. Pasámolo xenial!!! 

Informaremos cando vaian saír na televisión e así poidades ver como lles foi aos nosos participantes Bruno, Carolina, Nuno, María e Anxo co seu pedazo de público modestino.

Por agora non vos podemos contar nada máis...




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.