martes, 23 de maio de 2023

CONVIVENCIA COS CENTROS DA CONTORNA

Hoxe tivemos unha xornada moi especial no cole, pois recibimos a visita das nosas amigas e amigos dos CEIP A Barqueira e CEIP O Marbán. Xuntos realizamos unha saída ao castelo de Moeche (os máis maiores foron a pé), onde Duarte nos contou moitas cousas interesantes tanto do castelo como do Festival Irmandiño, ademais puidemos desfrutar da exposición que hai alí neste momento.
Uns xogos no exterior para coñecernos un pouco máis e cara o cole, onde nos agardaban uns deliciosos churros que nos valeron para coller forzas e poder xogar un montón a diferentes deportes, no parque, bailar...
Temos que agradecer a estes dous centros que viñesen visitarnos, así como polo agasallo que nos fixeron, pois desde agora teremos un olivo e un limoeiro que prometemos coidar moito.

Esperamos poder repetir para o ano!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.