xoves, 25 de maio de 2023

REGALOS DOS COLES DE BARQUEIRA E SOMOZAS!

A visita dos CEIP da contorna do pasado martes, ademais de ser unha gran xornada, foi un día de regalos. Nós, agasallamos a ambos centros coa nosa querida e famosa mascota Modestina. Pola súa parte, CEIP A Barqueira e CEIP O Marbán tiveron un gran detalle co noso cole: dúas árbores. 

Un olivo e un limoeiro que quedarán por sempre no noso xardín, pero sobre todo no noso corazón. Hoxe plantámolos e coidarémolos ao máximo para que poidamos ver os tres centros xuntos en futuras convivencias como van medrando. Mil grazas compis!!! Sodes xeniais!!!





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.