sábado, 5 de xuño de 2021

 Día Mundial do Medio Ambiente

5 de xuño

O día de onte, 4 de xuño, o CEIP San Ramón foi convidado polo Concello de Moeche a conmemorar o Día do Medio Ambiente, realizando unha plantación de cinco faias nas súas inmediacións.

O alumnado de terceiro e cuarto traballou gran parte da mañá nesta actividade, poñéndolle un nome a cada unha das árbores, relacionado con cada unha das cinco parroquias de Moeche.


 Logo de traballar, houbo tempo de merendar e desfrutar de un espléndido día de sol. Dende o centro queremos agradecer ao Concello por esta invitación.

*Podedes facer click na seguinte ligazón para visualizar máis fotos deste día: Día Mundial do Medio Ambiente



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.