Sabíamos que ía ser un proxecto interesante pola motivación intrínseca que supoñía este tema, pero está dando para moito máis do que abarcaba a nosa imaxinación.
Continuamos recibindo imaxes que seguimos incluíndo na nosa exposición da aula; lendo contos e historias interesantes sobre bechos máis coñecidos e outros máis estraños; comparamos as súas velocidades, características, alimentación (son tan diferentes entre eles); observamos, comparamos e traballamos a ordinalidade cos seus ciclos de vida; investigamos sobre os seus nomes en galego e castelán, así como posibles motivos para a súa denominación e traballamos con eles a lectoescritura; usámolos para sumar, restar, facer comparacións, series, estimacións; traballamos a motricidade fina moldeando figuras de bechos con plastilina; aprendemos os seus nomes en inglés e traballamos con eles nesta lingua; o noso robot DOC tamén busca aprender sobre os bechos; en Educación Física algunhas veces transformámonos en insectos; xogamos con xogos de mesa sobre o tema; á hora do recreo son o noso centro de atención, ata Lamberetas se interesa polo tema e todo isto é posible polo afán de aprender deses cativos e cativas!
Observade o seu traballo e un hurra por eles e elas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.