Na clase de artística traballamos o compositor Mussorgsky coa obra "Cuadros de una exposición" e tamén a obra do pintor Victor Hartmann, intímo amigo do músico.
Neste vídeo o alumnado de 5º e 6º de primaria, explican tanto a vida como a obra de Mussorgsky así como os cadros pintados por Hartmann e a relación artística entre ambos.
Por outra banda, o alumnado de 3º de primaria traballou o conto ruso "Baba Yaga" porque un dos cadros de Hartmann ao que lle puxo música Mussorgsky representaba precisamente a esta bruxa popular rusa.
Esperamos que vos guste a todos e todas
Especial agradecemento á nosa editora do vídeo, a mestra JUDIT.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.