Este curso académico o noso cole foi admitido no proxecto “Club de Letras”, que este ano ten como temática principal “O coidado”.
Os nenos e nenas de Moeche, dende
Infantil a 6º de primaria, estivemos traballando ao longo de todos estes
meses o tema do coidado partindo do
estudo da científica, primatóloga e naturalista Jane Goodall.
Asistimos a diversos talleres entorno a esta temática, limos contos relacionados con esta científica e fixemos actividades moi moi chulas!
-Taller “Conociendo a los
chimpancés”: Neste taller achegámonos ao mundo dos chimpancés, descubrindo e
imitando algúns dos seus comportamentos como coller termitas, rirse, saudar,
etc. Comprobamos, ademais, que son capaces de realizar actividades moi
complexas (memorizar gran cantidade de números desordeados) e que gran parte de
actividades humanas están afectando a súa supervivencia.
-Taller "Concienciación medioambiental": Recordamos os principais problemas medioambientais, como o cambio climático, a perda da biodiversidade e o tráfico ilegal de especies.
Pinchade nos enlaces de cada apartado para poder ver as fotos.
1) LIBROS
3) DIPLOMAS
4) ACTIVIDADES
-Infantil: "O meu amigo o gorila"
-1º e 2º: O coidado a partir da alimentación
-3º e 4º: Mural Jane Goodall, Mural sobre o aceite de palma e herbario.
Dende a área de Educación física tamén estiveron a traballar sobre Jane Goodall e as súas investigacións. Realizaron diversos xogos acerca dos chimpancés e as súas formas de vida, a selva do Gombe, os clans, etc.
Ademais de todo o anterior, as rapazas e rapaces de 5º e 6º de primaria escribíronlle unha carta a Jane Goodall que farán chegar a través da rapaza que nos impartiu os talleres. Actualmente están a traducila ao inglés e moi pronto compartirana con todos nós. Estamos desexando lela!
Dende logo, tal e como di Jane Goodall: "as persoas máis importantes son os nenos, xa que teñen nas súas mans o futuro do noso planeta para poder melloralo".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.