Este curso puxéronse en marcha dende o comedor escolar
dúas novidades relevantes, a instalación dun semáforo de control de volume e ruídos (ao que chamamos “Lencio”) e
o concurso “Super Chef” de Moeche.
“Lencio” é o encargado de premiar os
niveis aceptables de son durante o servizo de comedor (cor verde), aínda que
tamén penaliza (cor vermella) cando se supera o nivel. Tense establecido un
mínimo de verdes para poder obtar a un premio por semana, consistente nunhas
larpeiradas, motivando aos rapaces a comer sen alborotar e barullar.
Por outra banda, as familias foron convidadas a
participar no concurso “Super Chef” de Moeche enviando receitas dun primeiro ou
segundo prato, así como dunha sobremesa.
Moitas receitas foron
preparadas e servidas no comedor ao longo do curso, pero especialmente no 2º e
3º trimestre escolar. O alumnado tivo ocasión de amosar a súa opinión sobre as
distintas receitas, por medio de votacións no blogue do centro.
O xurado elexiu (pero aínda
non se desvela) aqueles pratos máis destacados polos rapaces nas votacións, así
como polo profesorado do centro, e todas as familias participantes terán un
agasallo culinario, especialmente as seleccionadas.
Deste xeito pretendemos que
o comedor sexa máis voso, enriquecido polas vosas aportacións. Estamos
contentos coa resposta obtida, xa que foron moitas as familias partipantes.

Moitas grazas a todas as familias participantes e, especialmente, polo seu
traballo e ilusión neste concurso, a
Ana, Sandra e Pilar, por cociñar de maravilla e dar todas as facilidades
para poder levalo adiante.
Sen familias e cociñeiras
que colaborasen non poderíamos realizar o concurso, nen veríamos o seu éxito.
Esperámosvos a todos e todas para que veñades mercarnos un libro ou incluso
un precioso mandil co Castelo de Moeche.
GRACIÑAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.