mércores, 27 de maio de 2015

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS E OS MAIOS 2015

O pasado 18 de maio celebramos no cole o Día das Letras Galegas conxuntamente cos maios. Como xa é tradicional nesta data convidamos as familias para que pasaran unha mañá con nós.
Comezamos o día facendo dous grupos, un dos cales xogaban a xogos populares e o outro facía unhas fermosas alfombras florais e un bonito maio. Todo elo amenizado polo grupo "No cómbaro" e en colaboración de mestres e a monitora de deportes do Concello de Moeche.
Despois de tal esforzo tiñamos que repoñer forzas, polo que tomamos uns churros (cortesía do Concello) con chocolate.
Cos bandullos cheos e as pilas cargadas de novo retomamos a celebración, comezando por unhas danzas típicas galegas feitas polos nen@s do cole coa axuda da profe Ana.
Como non podía ser doutra maneira nesta data cantamos todos xuntos o himno galego e fixemos unha lectura sobre Filgueira Valverde (homenaxeado no presente ano).
Para rematar, como non podía ser doutra maneira, FESTA RACHADA: muiñeiras, xogos musicais e moito máis!!!

Moitísimas grazas a tod@s os que participastedes neste fermoso acto.

Deixamos un pequeno vídeo resumo das actividades de dito día:



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.