venres, 22 de maio de 2015

IMOS Á FEIRA!!!



O sábado 23 de maio estaremos na feira de Moeche vendendo materiais para recadar fondos para a excursión de fin de curso de todo o alumnado do centro.
VENDEREMOS:

- O noso segundo libro de receitas elaboradas polas familias dos nen@s do cole (grazas de novo). Nesta ocasión temos primeiro prato, segundo e postre!!!
- Uns fermosos mandiles para poñernos cando elaboremos as suculentas receitas. Dito mandil leva o logo do concurso "Masterchef Moeche" onde se probaban os menús no comedor do colexio e unha foto do castelo feita por un alumno.
- Os resto do mercadiño de segunda man que se fixo no centro (libros, xoguetes...).

XA SABES, ESTE SÁBADO NA FEIRA ESPERÁMOSTE!!!

DIFUNDIDE POR FAVOR!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.