O pasado 18 de maio celebramos no cole o Día das Letras Galegas conxuntamente cos maios. Como xa é tradicional nesta data convidamos as familias para que pasaran unha mañá con nós.
Comezamos o día facendo dous grupos, un dos cales xogaban a xogos populares e o outro facía unhas fermosas alfombras florais e un bonito maio. Todo elo amenizado polo grupo "No cómbaro" e en colaboración de mestres e a monitora de deportes do Concello de Moeche.
http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
- BLOGUE
- BIBLIOTECA
- ENDL
- EDUCACIÓN FÍSICA
- EDUCACIÓN INFANTIL
- INGLÉS
- MÚSICA
- PLÁSTICA
- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- SECRETARÍA
- PRIMEIRO CICLO
- SEGUNDO CICLO
- TERCEIRO CICLO
- COMEDOR
- OBXECTOS PERDIDOS
- METEOMOECHE
- EDVIARIA
- CHISTÍN
- BIBLIOTECA_CREATIVA
- BIBLIO_SOLIDARIA
- ROBÓTICA
- RELIXIÓN
- REVISTA "O PAPAGAIO"
- TRANSPORTE
- CLUBE_DE_LETRAS
- RADIO 23
- ANPA
- LECTURA E FAMILIAS
- HÁBITOS SAUDABLES
mércores, 27 de maio de 2015
JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO
O escritor e ilustrador vigués visitou o noso centro o pasado 26 de maio. Durante o presente curso o alumnado estivo a traballar a súa obra: "Marcopola", "A pedra e as formigas", "O raposo e a mestra", "Mil cousas poden pasar"...
Non había mellor maneira de cerrar este traballo que invitar ao autor ao cole, e así o fixemos!
Non había mellor maneira de cerrar este traballo que invitar ao autor ao cole, e así o fixemos!
VOLVEMOS A SAÍR NA PRENSA!!!
Novamente volvemos saír na prensa. Nesta ocasión foi polo traballo realizado na feira do pasado 23 de maio. Queremos recalcar de novo a noso agradecemento a tod@s os que colaborastedes nesta actividade, dunha ou doutra maneira.
Deixamos o enlace á noticia:
LA VOZ DE GALICIA
Deixamos o enlace á noticia:
LA VOZ DE GALICIA
martes, 26 de maio de 2015
venres, 22 de maio de 2015
IMOS Á FEIRA!!!
O sábado 23 de maio estaremos na feira de Moeche vendendo materiais para recadar fondos para a excursión de fin de curso de todo o alumnado do centro.
VENDEREMOS:
- O noso segundo libro de receitas elaboradas polas familias dos nen@s do cole (grazas de novo). Nesta ocasión temos primeiro prato, segundo e postre!!!
- Uns fermosos mandiles para poñernos cando elaboremos as suculentas receitas. Dito mandil leva o logo do concurso "Masterchef Moeche" onde se probaban os menús no comedor do colexio e unha foto do castelo feita por un alumno.
- Os resto do mercadiño de segunda man que se fixo no centro (libros, xoguetes...).
XA SABES, ESTE SÁBADO NA FEIRA ESPERÁMOSTE!!!
DIFUNDIDE POR FAVOR!
xoves, 14 de maio de 2015
NOVIDADES NO COMEDOR: LENCIO E LIBROS DE RECEITAS DAS FAMILIAS DOS ALUMNOS/AS
Este curso puxéronse en marcha dende o comedor escolar
dúas novidades relevantes, a instalación dun semáforo de control de volume e ruídos (ao que chamamos “Lencio”) e
o concurso “Super Chef” de Moeche.
“Lencio” é o encargado de premiar os
niveis aceptables de son durante o servizo de comedor (cor verde), aínda que
tamén penaliza (cor vermella) cando se supera o nivel. Tense establecido un
mínimo de verdes para poder obtar a un premio por semana, consistente nunhas
larpeiradas, motivando aos rapaces a comer sen alborotar e barullar.
Por outra banda, as familias foron convidadas a
participar no concurso “Super Chef” de Moeche enviando receitas dun primeiro ou
segundo prato, así como dunha sobremesa.
Moitas receitas foron
preparadas e servidas no comedor ao longo do curso, pero especialmente no 2º e
3º trimestre escolar. O alumnado tivo ocasión de amosar a súa opinión sobre as
distintas receitas, por medio de votacións no blogue do centro.
O xurado elexiu (pero aínda
non se desvela) aqueles pratos máis destacados polos rapaces nas votacións, así
como polo profesorado do centro, e todas as familias participantes terán un
agasallo culinario, especialmente as seleccionadas.
Deste xeito pretendemos que
o comedor sexa máis voso, enriquecido polas vosas aportacións. Estamos
contentos coa resposta obtida, xa que foron moitas as familias partipantes.

Moitas grazas a todas as familias participantes e, especialmente, polo seu
traballo e ilusión neste concurso, a
Ana, Sandra e Pilar, por cociñar de maravilla e dar todas as facilidades
para poder levalo adiante.
Sen familias e cociñeiras
que colaborasen non poderíamos realizar o concurso, nen veríamos o seu éxito.
Esperámosvos a todos e todas para que veñades mercarnos un libro ou incluso
un precioso mandil co Castelo de Moeche.
GRACIÑAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)