martes, 7 de outubro de 2025

Foliada das palabras para iniciar o PDI ''ESCOITA QUE CHE CONTO''

 O pasado venres 3 de outubro demos comezo ao noso proxecto anual, que este curso leva por título ''ESCOITA QUE CHE CONTO''. A nosa querida amiga Modestina foi a encargada de dar o pistoletazo de saída, propoñéndonos celebrar unha auténtica foliada das palabras.
Nesta foliada, todo o alumnado do centro participou  en cinco retos moi especiais, pensados para poñer en valor a nosa lingua e cultura. Os grupos formáronse de maneira internivel, favorecendo así a colaboración entre nenos e nenas de distintas idades e etapas.
O noso obxectivo principal con este proxecto é recuperar e impulsar o uso da lingua galega no día a día do colexio. Por iso, todas as actividades estiveron relacionadas coa cultura galega e, como non podía ser doutro xeito, desenvolvéronse integramente en galego.
Foi unha xornada chea de ilusión, aprendizaxes compartidas e moita maxia das palabras. E isto non fixo máis que comezar!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.