xoves, 30 de outubro de 2025

SAMAÍN 2025

 Hoxe no CEIP San Ramón vivimos unha xornada moi especial coa celebración do Samaín.

Pola mañá, na primeira hora, o alumnado converteuse en auténticos actores e actrices para representar pequenas dramatizacións de historias terroríficas. Apareceron personaxes máxicos e misteriosos da nosa tradición como demiños, a Coca, a Santa Compaña, os biosbardos e moitos máis que puxeron os pelos de punta a todo o mundo! Despois todos e todas puidemos ver os vídeos das dramatizacións na biblioteca, gozando de novo cos sustos e as risas.

Despois da merenda, chegaron as familias e xuntos decoramos cabazas, comemos castañas e compartimos momentos moi especiais entre música, bailes e moita diversión. Para poñer o broche final, celebrouse a entrega de premios do Samaín.

 Bailamos, comemos e decoramos, convertendo este día nun recordo inesquecible. Feliz Samaín a todos e todas!









LECTURAS COMPARTIDAS DE SAMAÍN

 

Onte fixemos unha actividade moi especial no colexio: lecturas compartidas! Os nenos e nenas maiores léronlles contos aos máis pequenos, e o fixemos con todo o cole ás escuras, iluminándonos só con lanternas. A experiencia foi divertida e máxica, todos e todas gozamos moito desta maneira diferente de ler xuntos!






xoves, 23 de outubro de 2025

LECTURA E CIENCIA. DENTRO DO PROGRAMA ''LER CONTA MOITO''

 Hoxe no cole tivemos un obradoiro moi divertido e interesante sobre alimentos. Aprendemos moitas cousas novas sobre o que comemos cada día e descubrimos algúns segredos que non coñeciamos!

Unha das cousas que máis nos chamou a atención foi saber que non todo o azucre é igual: o que vén nos sobres non é o mesmo que o que teñen de forma natural os alimentos. Ademais, aprendemos que o azucre é como a gasolina para o noso cerebro, xa que nos dá enerxía para pensar e aprender mellor.

Tamén fixemos un experimento con zume de col lombarda, co que puidemos descubrir se un líquido é ácido ou non. A col lombarda reacciona cos líquidos segundo a súa acidez e cambia de cor, algo que nos encantou ver en directo!

Por último, realizamos outro experimento con iodo, no que botamos unhas pingas a diferentes vexetais. Sabemos que cando o iodo se mestura con alimentos que conteñen almidón( como a pataca, fariñas, cereais, algunhas froitas..), estes vólvense de cor negra. A sorpresa chegou cando vimos que tamén as salchichas se transformaban, porque un dos seus ingredientes principais é… A pataca! 

Foi unha xornada chea de aprendizaxes, experimentos e moita curiosidade. Agora sabemos un pouquiño máis sobre o que comemos e a importancia de coñecer ben os alimentos que chegan ao noso prato.




     
      


              

                      

luns, 20 de outubro de 2025

O PARRULO FERROL VISITA O NOSO COLE!!!



Hoxe foi un gran día para o CEIP SAN RAMÓN. Tivemos a gran sorte de ter no centro ao equipo de 1ª división de Fútbol Sala de O Parrulo Ferrol.

Os xogadores participantes na mellor liga do mundo, Dennis Berthod, Biel Morgatto e Diogo Schlemper, compartiron unha mañá con nós. Acompañados de membros do staff do clube, Sergio i Elena, comezaban a xornada presentándose e falando un pouco sobre a súa traxectoria como futbolistas profesionais. Acto seguido, era a quenda da rolda de preguntas do alumnado, que foron moi abundantes e variadas. Desta maneira coñecimos tanto os aspectos máis persoais da vida deportiva dos xogadores, as rutinas da élite do futsal, curiosidades e un longo etc

Ademais, Dennis, Morgatto e Diogo tamén fixeron as súas propias preguntas á rapazada. Pero ollo! Estas levaban premio! Aos máis rápidos e atentos tocoulles un balón firmado de regalo. Tamén agasallaron ao centro cunha bufanda que xa porta a nosa Modestina e entradas para o vindeiro partido en A Malata, onde estaremos animando a tope contra o histórico Pozo Murcia!

Como colofón final, ademais de foto grupal, firmaron autógrafos a todas/os.

Motísimas grazas ao clube por facer posible este encontro e moito ánimo nos vosos próximos partidos!

Deixamos un enlace con fotos:

FOTOS

PROXECTO RÍOS! CIENCIAS DA NATUREZA NO RÍO MERA

O pasado venres, o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de ver in situ todo aquilo que están a estudar na aula. Analizaron certos valores importantes dun ecosistema no Río Mera. Observaron a flora e fauna que hai no bosque de ribeira, tomaron mostras de auga que posteriormente analizaron, recolleron varios invertebrados para a súa observación...

Elia e David, do grupo Habitat, foron quenes lles axudaron a realizar este interesante estudo, onde por suposto, recolleron as súas conclusións. Unha gran experiencia chea de aprendizaxes para o noso alumnado.

Moitas grazas pola convidación!





mércores, 15 de outubro de 2025

Imos ao teatro e a unha exposición fotográfica!

 Hoxe o alumnado de terceiro a sexto de primaria gozou dunha mañá chea de arte e aprendizaxe! Primeiro asistimos á obra Crisálida, do grupo Caramuxo Teatro, unha peza de teatro mudo moi especial. A través dos xestos, da música e das imaxes, convidounos a reflexionar sobre a importancia de manter vivas as vellas costumes e de apoiar os pequenos comercios de barrio, que forman parte da nosa identidade e da vida das nosas comunidades.

Despois achegámonos á Fundación ABANCA, onde visitamos a exposición fotográfica de Tim Flach. As súas impresionantes imaxes de animais en perigo de extinción deixáronnos abraiados. Para rematar, participamos nun obradoiro artístico sobre os axolotes, no que puxemos en práctica toda a nosa creatividade.

Foi unha mañá moi divertida e chea de aprendizaxes, na que descubrimos novas formas de expresar a arte e de coidar o noso planeta.





martes, 7 de outubro de 2025

Foliada das palabras para iniciar o PDI ''ESCOITA QUE CHE CONTO''

 O pasado venres 3 de outubro demos comezo ao noso proxecto anual, que este curso leva por título ''ESCOITA QUE CHE CONTO''. A nosa querida amiga Modestina foi a encargada de dar o pistoletazo de saída, propoñéndonos celebrar unha auténtica foliada das palabras.
Nesta foliada, todo o alumnado do centro participou  en cinco retos moi especiais, pensados para poñer en valor a nosa lingua e cultura. Os grupos formáronse de maneira internivel, favorecendo así a colaboración entre nenos e nenas de distintas idades e etapas.
O noso obxectivo principal con este proxecto é recuperar e impulsar o uso da lingua galega no día a día do colexio. Por iso, todas as actividades estiveron relacionadas coa cultura galega e, como non podía ser doutro xeito, desenvolvéronse integramente en galego.
Foi unha xornada chea de ilusión, aprendizaxes compartidas e moita maxia das palabras. E isto non fixo máis que comezar!







WHY DO WE LEARN ENGLISH AT THE SCHOOL?

Hello everyone!! 


Fai unhas semanas, na clase de sexto de primaria, falamos da importancia de aprender inglés nas escolas, de como podemos aprendelo e, MOI IMPORTANTE, de como cambiar o noso mindset... What!!!

Poderíamos dicir que a nosa capacidade para aprender está moi determinada pola nosa actitude, por iso é necesario abandonar o fixed mindset e pasar ao growth mindset. Botádelle unha ollada ao vídeo e poderedes descubrir un pouco máis sobre o que investigaron e aprenderon os nenos e as nenas de sexto.

See u soon!