Desta volta, e continuando co proxecto en común que estamos a facer co CEIP da Barqueira, dirixímonos ata Cedeira para visitar o Castro do Sarridal e o Castelo da Concepción.
Aprendimos moitas cousas sobre a época castrexa, época na que están a traballar os nosos amigos da Barqueira, e descubrimos que os restos arqueolóxicos do Castro de Cedeira pertencían a unhas saunas, onde os nosos antepasados tomaban os seus baños de vapor. Teñen unha antigüidade de máis de 2.000 anos!!
Este asentamento fortificado situábase estratéxicamente ao
lado do mar, aproveitando a protección natural dos cantís da ría de Cedeira.
Tamén aprendimos acerca do Castelo da Concepción, unha
fortaleza defensiva do S.XVIII e desfrutamos admirando as súas murallas, cañóns
e vistas á ría.
E ata nos quedou tempo para merendar, xogar e pasar unha marabillosa
mañá de convivencia co cole veciño.
Pinchade aquí para ver máis FOTOS deste día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.