martes, 29 de abril de 2025

Como os antigos trovadores

No corazón do Reino Modestino, cando os castelos se erguían no alto e os sabios transmitían o saber ao redor do lume. Hoxe, os nosos valentes cabaleiros e donas de Primaria convértense en padriños e madriñas de lectura, empuñando como espadas os  libros para compartir contos e aventuras cos pequenos escudeiros de Infantil e 1º e 2º curso.

Nesta nobre misión, os maiores guían aos máis novos polos camiños máxicos da lectura, como se foran mestres trovadores levando historias de aldea en aldea. Cada páxina lida é unha porta que se abre a un novo reino, cada voz que conta é un lazo que une xeracións dentro do noso pequeno reino escolar.

Porque ler non é só aprender: é soñar, viaxar e, sobre todo, compartir. E neste apadriñamento lector, cada encontro é un festexo da palabra, unha festa medieval onde os libros son os verdadeiros tesouros. Preparádevos, pois, para unha aventura digna de lenda!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.