martes, 29 de abril de 2025

MODIFICACIÓN MENÚ ESCOLAR o 30/4

 Debido á suspensión das clases no día de hoxe, o menú de mañá verase modificado.

1º PRATO: Ensaladilla

2º PRATO: Bacallao ao forno con pataca panadeira

SOBREMESA: Uvas

Desculpade as molestias.

Como os antigos trovadores

No corazón do Reino Modestino, cando os castelos se erguían no alto e os sabios transmitían o saber ao redor do lume. Hoxe, os nosos valentes cabaleiros e donas de Primaria convértense en padriños e madriñas de lectura, empuñando como espadas os  libros para compartir contos e aventuras cos pequenos escudeiros de Infantil e 1º e 2º curso.

Nesta nobre misión, os maiores guían aos máis novos polos camiños máxicos da lectura, como se foran mestres trovadores levando historias de aldea en aldea. Cada páxina lida é unha porta que se abre a un novo reino, cada voz que conta é un lazo que une xeracións dentro do noso pequeno reino escolar.

Porque ler non é só aprender: é soñar, viaxar e, sobre todo, compartir. E neste apadriñamento lector, cada encontro é un festexo da palabra, unha festa medieval onde os libros son os verdadeiros tesouros. Preparádevos, pois, para unha aventura digna de lenda!




Speaking time!

 Antes das vacacións de Semana Santa, o alumnado de 5º e 6º presentou o seu speaking para rematar o trimestre.

Dúas historias creadas por eles mesmos que nos representaron no Reino dos Libros con temática gastronómica.

Good job!




Seguimos gañando torneos!

Nestes días, Adrián de 5º presentou a súa manualidade para o seu castelo lector!

Ben feito!



domingo, 27 de abril de 2025

SAÍDA A CEDEIRA

Desta volta, e continuando co proxecto en común que estamos a facer co CEIP da Barqueira, dirixímonos ata Cedeira para visitar o Castro do Sarridal e o Castelo da Concepción.

Aprendimos moitas cousas sobre a época castrexa, época na que están a traballar os nosos amigos da Barqueira, e descubrimos que os restos arqueolóxicos do Castro de Cedeira pertencían a unhas saunas, onde os nosos antepasados tomaban os seus baños de vapor. Teñen unha antigüidade de máis de 2.000 anos!!

Este asentamento fortificado situábase estratéxicamente ao lado do mar, aproveitando a protección natural dos cantís da ría de Cedeira.

Tamén aprendimos acerca do Castelo da Concepción, unha fortaleza defensiva do S.XVIII e desfrutamos admirando as súas murallas, cañóns e vistas á ría.

E ata nos quedou tempo para merendar, xogar e pasar unha marabillosa mañá de convivencia co cole veciño.

Pinchade aquí para ver máis FOTOS deste día.









mércores, 23 de abril de 2025

OBRADOIROS MEDIEVAIS

Na xornada do martes 22 tivemos uns obradoiros moi emocionantes. Seguimos co proxecto sobre a Idade Media no que Modestina nos ten inmersos. Desta volta tocaban unha serie de actividades relacionadas coa temática.
A primeira corría a cargo de Sergio Antón (@seranluthier) que se encargou de abrir boca a primeira hora da mañá. Ataviado coa súa zanfoña, de elaboración propia, fixo un repaso sobre a historia e vida deste instrumento do medievo. Non só ensinou a evolución da zanfoña, senón que explicou as súas partes, o funcionamento e, por suposto, tocou unhas pezas medievais.
As nenas e nenos tiveron tamén oportunidade de preguntar as súas inquedanzas sobre este curioso instrumento, aprenderon moito e quedaron encantad@s. Grazas Sergio polo teu bon facer.


Tras a primeira das actividades tocaba facer unha rotación por grupos doutros tres obradoiros. Un deles foi a cargo de Alouette Machine imprenta ambulante. Un grupo que transformou a biblioteca nun espazo propio do mesmo Gütenberg. A rapazada tivo a oportunidade de ver como se facían os traballos de imprenta propios do final da época medieval. Quedaron abraiados de como se facía daquela un traballo que agora está a un par de "clics".
Ademais de coñecer os materiais e ver como funcionaban fixeron un taller de prensa, onde imprimiron distintas novas que poderían ocorrer no Moeche de hai centos de anos. 
Queremos agradecer tamén a Cris e Yamba o seu traballo cos nosos nenos/as.


Os dous últimos talleres eran dirixidos pola Asociación Val de Moeche e versaban sobre cestería e cerámica, dous oficios da época medieval. Cargados con médula, barro e moita ilusión presentábanse no San Ramón para pasar a mañá cos nenos/as. Puidemos ver como a cativada modestina ten moito arte, pois as creacións de barro e os cestos quedaron realmente bonitos e, como dixeron quenes dirixían os obradoiros, con moita creatividade.
Tamén queremos agradecer moito a colaboración desta asociación que traballaron toda a mañá cos nosos/as peques e fixeron que o pasaran xenial á vez que aprendían sobre estes dous elementos. Mil grazas por todo ao gran grupo de persoas que asistiron para axudar, sodes unha Asociación envexable!




Deixamos un enlace con moitas fotos do día:



UNHA XORNADA MEMORABLE QUE QUEDARÁ NA MEMORIA DO ALUMNADO DO COLE,

GRAZAS POR TANTO!






luns, 21 de abril de 2025

VISITA AO CASTELO DE MOECHE

Seguindo co noso proxecto da Idade Media o pasado venres visitamos a estrutura medieval máis famosa de Moeche: o castelo. Convidamos ás nenas e nenos de Cerdido a pasar a mañá con nós e foi estupenda.

O Concello de Moeche abriu as portas do castelo e foi Ramón Carballeira o encargado de ensinarnos moito e moi ben sobre a cultura medieval modestina. Non podía faltar o berro de "luuuumeeee" no alto para celebrar a nosa particular revolta irmandiña.

Ademais, por quendas, puidemos disfrutar dunha sesión de xogos medievais onde practicamos cos arcos, as billardas e algún que outro xogo máis.

Pasámolo xenial i esperamos pronto a visita ao Concello veciño onde aprenderemos sobre a cultura castrexa!










mércores, 9 de abril de 2025

CREAMOS AS NOSAS PROPIAS EMPRESAS

En Ciencias Sociais, falando do tema da economía, pareceunos interesante presentar un traballo onde había que crear as nosas propias empresas.

Fixémolo desde cero, pensando en toda a cadea económica desde a produción ata o consumo. Da mesma maneira fixemos un pequeno prantexamento dos recursos humanos, materiais i económicos que nos farían falla para arrincar co negocio. Por suposto tocou facer un balance de ingresos e gastos para obter o noso P.V.P. final. E para comercializalo pensar a nosa estratexia de marketing.

Foi extenso pero moi produtivo. Deixamos un pequeno vídeo/ resumo que realizaron presentando como o fixeron.

Xa están feitos uns futuros empresarios/as!


ACEITUNAS RINDONGUIS



CEREAIS ÑAM



ESTOXOS SOC

 


ZUMES FRIS













AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2024- 2025

 - RESOLUCIÓN DO 25 DE FEBREIRO DE 2025 POLA QUE SE DITAN INSTRUCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DA AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO DE 4º DE EP 

Información ás familias 

venres, 4 de abril de 2025

Érica Esmorís

 Onte tivemos o pracer de coñecer á escritora Erica Esmorís. Este ano limos os seus 3 libros: "Analfabeta", "Patio de luces" e "Nena e o mar". 

Moitas grazas por vir e compartir con nós!






xoves, 3 de abril de 2025

Castelo lector

 Seguimos gañando torneos. Hoxe Héctor, presentounos a súa manualidade. Unha careta de coello moi oportuna para a época de pascua que está chegando.



martes, 1 de abril de 2025

RETO CHAMORRO

Durante estes días, nas clases de Educación Física, estivemos a preparar un reto que nos enviaron as nosas amigas e amigos da Asociación Chamorro de Narón. Este centro propuxo a todo o mundo participar nun reto sobre xogo tradicional ao cal non dubidamos en apuntarnos. Este foi o resultado:



Deixamos tamén o vídeo co que se propuxo o "Reto Chamorro" e así podedes coñecer un pouco máis sobre esta Asociación:

https://www.facebook.com/watch/?v=1360746631777689

TORNEO PINFUVOTE

Este ano xogamos un torneo dun deporte alternativo do cal somos moi fans en Moeche: o PINFUVOTE. É unha práctica que combina disciplinas como o Pimpón, Fútbol, Voleibol e Tenis. Moi sinxelo de aprender e súper dinámico.

Foi tal a acollida que decidimos facer un torneo entre o alumnado interesado nos recreos. Despois dunha disputada liga regular eran os equipos de "Os Chispas" e "Bill Balazos" quenes disputarían a gran final.

Tras un gran partido foron "Os Chispas" quenes se alzaron coa victoria. Parabéns aos seus integrantes: IVÁ, SERGIO, JULIA, ÁLVARO, ALEXIS, LEO I ERIN.