sábado, 3 de febreiro de 2024

CROSS EN AS PONTES



Seguindo a tradición anual de asistir á carreira de cross do programa XOGADE, este curso tocou visitar As Pontes para celebrar esta xuntanza con outros centros para compartir unhas horas de convivencia e diversión.

Corrimos por categorías diferentes distancias e chegamos todos de novo a Moeche sen ningunha lesión e con moita aprendizaxe e deporte nas pernas!

Queremos dar as grazas tamén ao Concello de As Pontes pola súa colaboración no evento, ofrecendo un avituallamiento final tanto a alumnado como a profesorado, así como proporcionar un lugar seguro onde deixar as pertenzas.

Deixamos unha galería de fotos onde poderedes ver algún momento da xornada (facía moito sol e había moita xente):

FOTOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.