sábado, 3 de febreiro de 2024

ARRINCA O ENTROIDO!!!



O Entroido chega ao San Ramón, coma sempre, coa chegada da nosa Meca. Nesta ocasión convivirá con nós unha Meca moi fina, que por arte de maxia colouse pola porta e apareceu nos corredores cunha mensaxe. Na mesma, cóntanos que desde este mesmo luns fará que as nenas e nenos do cole vaian con diferentes atuendos (todos de uso cotiá) á escola. Ademais este ano hai a novidade de que se cumprimos as súas normas o vindeiro xoves poderemos levar ao centro o disfraz que máis nos guste, así nolo fixo saber.

Tamén é certo que nos contou que, se non se cumpren as súas normas, voará fariña!!!

Estade atentas/os nenas e nenos, pois na saída teredes que mirar os diferentes mandatos para non esquecervos de cumprir coas trasnadas de Socorro, que así se chama a nosa nova amiga.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.