venres, 1 de maio de 2020

PARTICIPEMOS NO CONCURSO "ENREGUEIFATE"


ANÍMASTE A PARTICIPAR NO CONCURSO " ENREGUEIFATE"?

Veña, animádevos e a representar o noso colexio. Lembrade o ben que nos foi no "Coma un allo".


Dende o 23 de marzo até o 29 de maio está aberto o prazo para participar na IV edición do certame de regueifas en vídeo Enreguéifate.


Para facelo, debedes enviar o voso vídeo regueifando. A participación é aberta e de balde, mais tede en conta que:
– A lingua empregada nas regueifas debe ser o galego, a temática é libre, en cada vídeo deben aparecer cando menos 2 persoas e a duración máxima é de 3 minutos.

Aquí tedes un vídeo donde vos explica como podedes facelo: cun amigo ou amiga, cun familiar,.. por wassap, skype,...


Cando teñas o vídeo mándao para o colexio a través do teu titor ou titora e nós encargarémonos de presentalo para que representedes a noso centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.