luns, 11 de maio de 2020

AS PITAS


No enlace da parte inferior atoparedes o libro "As Pitas " de Carballo Calero. Podedes lelo on line dende Issu ou tamén podedes descargalo e lelo dendo o voso PC ou incluso imprimilo para ler.
É un conto precioso, pequeno e que vale para todas as idades dende 3 anos en adiante.

Aproveitade para escoitar tamén as cancións tan fermosas que o acompañan.

E logo, non vos esquezades de DEBUXAR A VOSA PITA en enviarlla ao titor ou titora co voso nome e tamén o nome da vosa Pita. Imos construir entre todos un "FERMOSO GALIÑEIRO DE CARBALLO CALERO".

IMPORTANTE: Non esquezades nunca desfrutar con todas as actividades que vos propoñemos os metres e mestras do cole que sempre estamos pensando en vós.


 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.