Como xa vos comentei no pavillón, neste trimestre temos a oportunidade de realizar un traballo de ampliación que, no caso de ser un bo traballo, ampliará a nosa nota final.
Cada alumno/a que desexe debe escoller un deportista (pode ser coñecido ou non) que sexa un exemplo como deportista. Hai que explicar un pouco quen é esa persoa, os valores que representa e a razón de escollelo para o traballo. Por que é un exemplo para min?
Podedes entregarmo en folio (ordenador ou a man curiosiño...) ou ben por correo electrónico a: ampineiro25@gmail.com
Espero que participedes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.