mércores, 22 de outubro de 2014

MODESTINA QUERE SABER... ROLDA 1

Olaaaaa, Modestina xa está aquí e este curso presenta moitas dúbidas, podedes axudala????

1.- Neste curso escolar estamos a facer un concurso moi divertido que se chama “Os selfies de Modestina”, xa sabedes que un “selfie” é unha autofoto. Pero o que nesta ocasión Modestina quere saber é quen fixo o primeiro “selfie” da historia en 1839. Vemos que non é tan moderno como pensabamos...
2.- A moda dos “selfies” veuse moi reforzada por unha foto deste tipo que realizou Ellen Degeneres mentres estaba nunha celebración moi coñecida, cal?
3.- Jacobo Fernández Serrano é un escritor moi coñecido na literatura galega e nacional. Unha das súas personaxes máis coñecidas é Marcopola. Pero o que a tartaruga quere saber é que é Marcopola?

 

4.- Segundo o arriba mencionado Jacobo, cantas cousas poden pasar?
5.- De que obra de Jacobo Fernández Serrano está tomado este recorte?

 
6.- Falemos agora do noso, de Moeche. Modestina, que é moi curiosa, quere saber que é o que hai en Moeche que mide 18 metros de altura. PISTA: en ocasións podemos vela iluminada.
7.- En Moeche estamos dun deportista... e non o digo polas duras clases de Educación Física de Abel. Durante o presente curso o Concello ofrecerá como actividade para maiores de 16 anos unha disciplina deportiva que, de seguro vos fará sudar, e que é unha nova oferta local. Cal é?
8.- Que rutas de sendeirismo ofreceu o Concello no mes de outubro?
9.- Por tradición no centro, polo Samaín decoramos cabazas, pero o que a nosa mascota quere saber agora é en que lugar de Galicia conservan a tradición de secala e poñela no Entroido?

10.- De que poboación foi orixinaria o Samaín?
11.- Falando de Magosto... que é un zoncho?
12.- Neste curso coas profesoras Almudena e Mila falastedes moito sobre un famoso grupo “The Beatles”, Modestina escoitou un pequeno rumor sobre un dos seus compoñentes. Cal dos Beatles foi calificado unha vez no colexio como “Este niño va camino del fracaso”?
 


13.- O grupo musical que mencionamos na anterior pregunta tiña unha pequena manía antes de saír aos concertos, hai quen se relaxa correndo, hai quen o fai con exercicios de relaxación e eles o facían xogando a un xogo de nenos!!! A nosa mascota quere saber a que xogo se refire.
14.- O outro día Modestina se atopaba liada co whatsapp, cando lle chegou esta fotografía. Ela está esperando a que alguén lle diga cal é o erro para compartir... Cal é o erro?


15.- Que son Soma, Rubik e Mikusinski?


QUERES CONSEGUIR UN PUNTO EXTRA NA TÚA CLASIFICACIÓN???
ATOPA AS CHAPAS QUE MODESTINA PERDEU POLO PATIO DE RECREO E GAÑA UN PUNTIÑO POR CADA UNHA DELAS.
***NOTA: Este xogo so pode ser practicado nas horas de recreo.

DATA DE ENTREGA: LUNS 17 DE NOVEMBRO

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.