Amosando publicacións coa etiqueta PLÁSTICA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PLÁSTICA. Amosar todas as publicacións

sábado, 21 de xuño de 2025

A pirámide dos alimentos

Como punto e final a este curso tan saudable, todos os nenos e nenas do cole traballamos de forma colaborativa para expoñer os nosos coñecementos sobre a pirámide alimenticia.

Para iso, crearon a pirámide cunha estructura de madeira e colocaron os diferentes alimentos feitos con impresión 3D.

Tamén, preparamos unha presentación e nos dispoñemos a explicarlle aos nosos compañeiros/as os diferentes alimentos que alí aparecen, qué nos aportan e cantas racións debemos tomar de cada un.

Os nenos de 1º e 2º faláronnos dos cereais.

Os nenos de Infantil explicáronnos as froitas e as verduras.

Os nenos de 5º e 6º expuxéronnos os lácteos e as proteínas.

Os nenos de 3º e 4º faláronnos dos doces e as graxas.

Podedes ver todas as fotos premendo na imaxe.



mércores, 23 de abril de 2025

OBRADOIROS MEDIEVAIS

Na xornada do martes 22 tivemos uns obradoiros moi emocionantes. Seguimos co proxecto sobre a Idade Media no que Modestina nos ten inmersos. Desta volta tocaban unha serie de actividades relacionadas coa temática.
A primeira corría a cargo de Sergio Antón (@seranluthier) que se encargou de abrir boca a primeira hora da mañá. Ataviado coa súa zanfoña, de elaboración propia, fixo un repaso sobre a historia e vida deste instrumento do medievo. Non só ensinou a evolución da zanfoña, senón que explicou as súas partes, o funcionamento e, por suposto, tocou unhas pezas medievais.
As nenas e nenos tiveron tamén oportunidade de preguntar as súas inquedanzas sobre este curioso instrumento, aprenderon moito e quedaron encantad@s. Grazas Sergio polo teu bon facer.


Tras a primeira das actividades tocaba facer unha rotación por grupos doutros tres obradoiros. Un deles foi a cargo de Alouette Machine imprenta ambulante. Un grupo que transformou a biblioteca nun espazo propio do mesmo Gütenberg. A rapazada tivo a oportunidade de ver como se facían os traballos de imprenta propios do final da época medieval. Quedaron abraiados de como se facía daquela un traballo que agora está a un par de "clics".
Ademais de coñecer os materiais e ver como funcionaban fixeron un taller de prensa, onde imprimiron distintas novas que poderían ocorrer no Moeche de hai centos de anos. 
Queremos agradecer tamén a Cris e Yamba o seu traballo cos nosos nenos/as.


Os dous últimos talleres eran dirixidos pola Asociación Val de Moeche e versaban sobre cestería e cerámica, dous oficios da época medieval. Cargados con médula, barro e moita ilusión presentábanse no San Ramón para pasar a mañá cos nenos/as. Puidemos ver como a cativada modestina ten moito arte, pois as creacións de barro e os cestos quedaron realmente bonitos e, como dixeron quenes dirixían os obradoiros, con moita creatividade.
Tamén queremos agradecer moito a colaboración desta asociación que traballaron toda a mañá cos nosos/as peques e fixeron que o pasaran xenial á vez que aprendían sobre estes dous elementos. Mil grazas por todo ao gran grupo de persoas que asistiron para axudar, sodes unha Asociación envexable!




Deixamos un enlace con moitas fotos do día:



UNHA XORNADA MEMORABLE QUE QUEDARÁ NA MEMORIA DO ALUMNADO DO COLE,

GRAZAS POR TANTO!






xoves, 24 de outubro de 2024

OBRADOIRO DE LIXO MARIÑO!



Hoxe tivemos a oportunidade de contar no colexio con dous artistas que converten en obras de arte todos os refugallos que atopan limpando nas praias. Ensináronnos o importante que é a mensaxe que nos manda o mar...

Logo traballamos diferentes materiais para crear nós tamén arte. As diferentes creacións serán expostas no centro para que as poidan ver as familias na festa de Samaín.

Deixamos algunha foto da actividade e aproveitamos para dar as grazas a Alicia e Sven (Ali Vava) por todo o transmitido!

CLICA AQUÍ PARA VER AS FOTOS

xoves, 1 de febreiro de 2024

DÍA DA PAZ 2024

O pasado martes 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Ademais de traballar nas aulas a importancia deste día, realizamos unha serie de actividades conxuntas.

Comezamos por un gran contacontos a cargo de catro nenos/as dos maiores. "O segredo de Flora" foi a obra escollida. Unha historia que nos narra o segredo que ten Flora para controlar os impulsos que lle levan a facer cousas malas. Lola, Candela, Iván e Óscar fixeron unha gran presentación cun teatro móbil chamado Kamishibai, onde eles mesmos crearon as diferentes imaxes.



A continuación expuxemos no corredor do centro, dentro dun precioso mural elaborado polos nenos/as, os nosos corazóns e pombas de Paz. Asemade, foi tamén ocasión de axitar unhas bandeiras que representaban a diferentes países e que dentro das mesmas albergaban mensaxes positivas que nos levan camiño da Paz. Esta última actividade foi en colaboración cunha proposta de UNICEF.




Por últimos xuntámonos na pista polideportiva para lanzar ao aire unha última mensaxe na que todos, en círculo dándonos as mans, desexamos a Paz a todo o mundo!




venres, 31 de marzo de 2023

EASTER

Na aula de inglés gústanos moito aprender tradicións e costumes doutros países anglosaxóns. Nesta ocasión, tocou ver as diferenzas e similitudes da Pascua (Easter) de Inglaterra. Máis de un neno e nena desexaba poder facer certas cousas que fan alí!

Deixamos aquí algunhas fotos das manualidades que fixo o alumnado:








mércores, 15 de marzo de 2023

8-M



DÍA DA MULLER!

A semana pasada fixemos unha exposición moi importante no cole. Ao longo de todo o curso falamos de cousas que á rapazada parécenlle obvias, aínda que na sociedade na que vivimos parece que non o é tanto. Ademais dos contacontos e actividade que publicamos a semana pasada, a rapazada fixo unha serie de tarefas na aula en torno ao 8-M.

Todas as nenas e nenos do cole fixeron na clase de Plástica un mural dunha muller cun vestido de flores e, por aulas, traballamos distintas actividades.

A clase de infantil realizou un mural onde cada neno/a debuxaba á muller máis importante para eles. En 1º e 2º escribiron frases que poñen en valor a igualdade e o respecto. 3º e 4º fixeron un texto sobre a muller que para eles era un exemplo. Por último, os maiores propuxeron "Elas", un pequeno proxecto no cal falan daquelas mulleres que merecen un recoñecemento na sociedade, aínda que non saian nos medios.






luns, 7 de novembro de 2022

Concurso portas terroríficas

No CEIP San Ramón tomámonos o Samaín/Halloween moi en serio. Non so decoramos cabazas e facemos concursos de debuxos, senón que tamén decoramos as portas terrorificamente. Quedaron horripilantes! 👻👻


E velaquí temos aos gañadores. Enhoraboa!!!:



mércores, 9 de marzo de 2022

8M

No CEIP San Ramón, para celebrar o 8M, día internacional da muller, fixemos un proxecto conxunto.

Para comezar, escoitamos atentamente a canción "Las hadas existen" de Rozalén.

Unha vez escoitada a canción, o alumnado escribiu nunha nota adhesiva quen era a súa fada para pegala despois no mural que fixemos polo 8M.

Aquí vos deixamos un video con algunhas imaxes acompañadas da canción de Rozalén. 💕



martes, 11 de xaneiro de 2022

REIS MAGOS

Os Reis Magos pasaron polo noso cole e deixaron unha chea de agasallos! 💕

O alumnado abriu todos os paquetes con moita alegría e ilusión en non dubidaron en comezar a xogar ó instante. 







martes, 2 de novembro de 2021

SAMAÍN E MAGOSTO!



Este curso non puidemos celebrar esta festa tan bonita con toda a comunidade educativa por mor do protocolo COVID. Pero iso non impediu que as nenas e nenos tiveran un día moi especial. 

Durante a semana previa xa se vía vir unha celebración, pois o cole tomou cores escuras, teas de araña e moitas outras cousas arrepiantes, achegábase o Samaín e respírabase no ambiente. Xa chegado o día, sacamos as nosas mellores galas para "asustar" a todo o mundo! Entre pavor e a alegría típica dunha xornada festiva comezamos a decorar cabazas e escoitar música típica destas datas. 



No medio de tanto traballar tivemos que facer un pequeno parón para repoñer forzas cunhas castañas quentiñas e un vasiño de leite que nos deu moita enerxía para poder seguir coas actividades: contos de medo, xogos, bailes, maxia e dous concursazos nosa cales todos demostramos ser uns grandes artistas.


 Entre tanta calidade decorativa de cabazas resultaron destacar un chisquiño máis as de ANTÍA (3 anos), ÉRIC (5 anos), SERGIO (2º primaria), CAROLINA (4º primaria) e LARA (6º primaria). Outro dos misterios era saber cal era a porta que ofrecía máis pavor a todos os seus visitantes, sendo esta a entrada de 3º e 4º!

PARABÉNS PARA TOD@S OS PARTICIPANTES POLO VOSO GRAN TRABALLO!!!

luns, 31 de maio de 2021

EDUCACIÓN ARTÍSTICA

 A pesar de que este ano foi especialmente difícil traballar na clase de plástica, conseguimos facer creacións moi divertidas e variadas. Por supusto, sen mesturar en ningún momento materiais nin traballos. 

Fixemos unha ampla morea de actividades: origami de animais, cadros de flores con material reciclado, cadros, cadros mosaicos de goma eva, cestas de flietro cosidas, cadros coa técnica de diamantes, cadro de moucho con abalorios para a biblioteca, cadros de costura a medio punto, cadros sobre cartón a punto de cruz, etc......

Pero que mellor que poder velo con fotos! Desexamos compartir o noso traballo con todos e todas e esperamos que vos guste moito.



FOTOS










mércores, 30 de decembro de 2020

XA COMEZAMOS A IMPRIMIR EN 3D!

 Os nenos e nenas máis maiores do cole xa comezaron a facer as súas primeiras impresións en 3D, grazas á impresora deste tipo que temos no centro por formar parte de Bibliotecas Creativas. Estas tarefas están comezando a levalas a cabo na materia de Educación Plástica e quedan impresionados de como unha creación feita no ordenador pode converterse nun obxecto real. 

Cremos que pode ser un proxecto moi interesante a nivel de novas tecnoloxías, xa que nun futuro poderemos crear obxectos que podan ser útiles para o noso día a día na escola e cunha función concreta. 

Aquí tedes á nosa Alba da aula de 5º e 6º, coa rasqueta, xusto acabando de extraer o boneco que imprimiu:



martes, 29 de decembro de 2020

PLAN PROXECTA: MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA



 Neste curso atípico, tamén estamos a continuar co proxecto iniciado o ano pasado sobre Educación Viaria. E por suposto, queremos contar con vós, familias, para complementar o traballo que están a levar a cabo os nenos e nenas na escola. Para iso ofrecemos unha posibilidade que pode estar interesante nestes días de Nadal para facer en familia. 

Trátase de deixar voar a nosa imaxinación para facer unha manualidade que teña que ver coa Educación Viaria: desde construír sinais con material de refugallo, como crear debuxos, murais, plastilina etc 

Sería facela e mandar a foto ou vídeo ao seguinte correo:

eduviariamoeche@gmail.com

A finais de trimestre publicaremos un vídeo con todas as vosas propostas!

Prazo aberto durante o segundo trimestre

Animádevos!!!


PLAN PROXECTA: METEOMOECHE


Como xa sabedes, este ano estamos continuando co proxecto iniciado o pasado curso sobre meteoroloxía. As alumnas/os están a traballar xa moito sobre o tema pero nos gustaría que as familias sexades parte importante do mesmo, ao igual que o curso anterior. Por iso propoñemos dúas actividades para levar a cabo durante todo o trimestre pero que plantexamos agora porque con estes días fríos e chuviosos de Nadal pode ser unha boa opción de ocupar positivamente o tempo libre en familia.

A primeira delas sería retomar o observatorio de nubes que tiñamos o curso anterior, pero nesta ocasión propoñemos que se amplie calquera fenónemo meteorolóxico que queirades compartir con nós. De cada certo tempo, co material que vaiamos recibindo realizaremos publicación onde se compartan as vosas inquedanzas. Así poderemos ver como lle dades forma as nubes para que outros acerten, comprobaremos o arco da vella desde diferentes puntos da comarca, días de saraiba ou quen sabe se neve, xeadas ou o que se vos ocorra.

As fotos que saquedes terán que mostrar o fenómeno (pode ser en vídeo tamén) e debedes envialas a meteomoeche@gmail.com

Por outra banda propoñémosvos que realicedes unha estación meteorolóxica caseira e así poidades comprobar os fenómenos que as nenas e nenos van aprendendo na escola. Para iso proporcionamos un par de enlaces onde podedes ver como se fai:

COMO CONSTRUÍR UNHA ESTACIÓN CASEIRA

Tamén podemos tomar exemplo dos nosos compis de infantil, que teñen esta na clase e que Álvaro explica o seu funcionamento:




PRAZO ABERTO DURANTE O SEGUNDO TRIMESTRE TAMÉN, ANIMÁDEVOS!!!




martes, 22 de decembro de 2020

FESTIVAL DE NADAL 2020

Este ano foi moi difícil todo, pero iso non nos vai impedir celebrar o tradicional festival de Nadal. Unha das datas máis sinaladas do ano no centro, a cal vivimos con moita ilusión. Non existe bicho que nos quite esa ilusión polo que presentamos o FESTIVAL DE NADAL 2020, que como poderedes comprobar será online.

COMEZAMOS COA ACTUACIÓN QUE ADOITA ABRIR ESTA GRAN FESTA... AS ALUMNAS E ALUMNOS DE INFANTIL SORPRENDERÁN CUNHA FERMOSA CANCIÓN SOBRE O RENO MÁIS COÑECIDO DE TODO O NADAL!!!


DESPOIS DESTA GRAN CANCIÓN DOS PEQUES SEGUIMOS CON 1º E 2º, QUE TEÑEN PREPARADAS NADA MÁIS E NADA MENOS QUE 3 ACTUACIÓNS!!!

A PRIMEIRA É UNHA PANXOLIÑA TITULADA "O ABETO". DENTRO VÍDEO!!!


CONTINUAMOS CON "TURRÓN E MAZAPÁN", COA QUE SEGURO MOVEREMOS O ESQUELETO!!!


PARA REMATAR ESTA TERNA VEREMOS "BONITO", UNHA ADAPTACIÓN DA COÑECIDA CANCIÓN:


TRAS ESCOITAR ÁS NENAS E NENOS DE 1º E 2º PASAMOS A VER OUTRA GRAN ESCENIFICACIÓN. O GRUPO DE 3º E 4º DELEITARANOS CUNHA FERMOSA PANXOLIÑA QUE CONTÉN UNHA MENSAXE


XA CASE CHEGANDO AO FINAL ATOPÁMONOS CUNHA OBRA DE TEATRO. COMA SEMPRE, OS MAIORES DO CENTRO SACAN AS SÚAS DOTES ARTÍSTICAS PARA, ESTE ANO, REMATAN CUNHA TRILOXÍA. VOLVEN PERSONAXES MÍTICOS DOS NOSOS FESTIVAIS COMO MARUXA E PEPE. XA SABOREASTES O TRÁILER E AQUÍ CHEGA A PELÍCULA COMPLETA DE "HOXE CO COVID"


AGORA QUE XA CANTAMOS, BAILAMOS E RIMOS MOITO TOCA IRSE DESPEDINDO CUNHA MENSAXE SORPRESA. QUENES SERÁN AS MISTERIOSAS PERSONAXES QUE NOS QUEREN DESEXAR UN BO NADAL????


POIS ISO FAMILIA, ATA AQUÍ CHEGOU A NOSA PECULIAR FESTA, ESPERAMOS QUE VOS GUSTASE MOITO E DISFRUTARADES COMO NUNCA. CONFIAMOS EN QUE O ANO PRÓXIMO POIDAMOS RETOMAR O NOSO FESTIVAL COMO É DEBIDO.

QUE TEÑADES TOD@S UN...

 BO NADAL E PRÓSPERO ANO 2021

martes, 26 de maio de 2020

TALLER DE CONSTRUCCIÓN DE INSTRUMENTOS: RECICLAMOS


Con motivo do Día da Reciclase( 17  de maio), a tarefa desa semana de E. Artística era a creación dun instrumento musical con material de refugallo que tivéramos pola casa.
Sairon instrumentos de todo tipo: ORIXINAIS, CREATIVOS, NOVEDOSOS, DIVERTIDOS......

Pero o máis importante fixemos traballar a nosa imaxinación e aproveitamos o que pensábamos que non ía valer para nada máis. E VAIA SE SIRVE A RECICLASE

Como quedei supercontenta cos traballos do alumnado do colexio e tamén das familias, decidín publicado porque é un traballo espectacular.
Aquí vos queda un vídeo


Aquí tedes  as imaxes dos instrumentos donde se pode apreciar mellor os materiais cos que se elaboraron.