venres, 20 de xuño de 2025

CONTACONTOS DO ALUMNADO

 Ao longo desta última semana do curso tivemos o pracer de poder desfrutar de dous contacontos no reino dos libros.

-"A casa da mosca chosca" interpretado polas nenas e nenos do reino dos Coelliños.

-"Hamburguesa de calcetín" interpretado polo alumnado do reino dos Irmandiños.

Fixéronno tan ben que nos deixaron con ganas de máis! 

Pinchade na imaxe para ver o vídeo.









O LOBO FELIZ!

Hoxe tivemos a sorte de contar no cole con Miguel Guido, un artista polifacético que fixo cantar e bailar ao público modestino ao son das súas cancións. Todo isto cun fío condutor do conto escrito por el "O lobo feliz", que narra as aventuras dun lobo que non quería ser feroz.





INSTRUCCIÓN TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2025-2026

 TRANSPORTE ESCOLAR

MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR

 Debido a un imprevisto, modificarase o menú no día de hoxe:

  • PRIMEIRO PRATO: Pizza
  • SEGUNDO PRATO: Macarróns á boloñesa
  • SOBREMESA: Natillas caseiras
Desculpade as molestias.

xoves, 19 de xuño de 2025

SAÍDA Á FRAGA MÁXICA DE SAN SADURNIÑO



Este mércores desprazámonos ao Concello veciño para pasar unha mañá moi divertida á sombriña. Na Fraga Máxica xogamos a buscar seres extraordinarios e realizar os circuítos que alí hai. Ademais aproveitamos para tomar unhas ricas merendas e xogar moito!

FOTOS

DE ROSALÍA ÁS CANTAREIRAS

Hoxe na biblioteca de Modestina tivemos a oportunidade de desfrutar dunha marabillosa actividade titulada "De Rosalía ás cantareiras". Zeltia, de "A xanela do Maxín" foi a encargada de facer que o alumnado emprendese unha viaxe desde o 17 de maio de 1863 ata hoxe. Na mesma repasamos a todas aquelas mulleres que foron protagonistas polo Día das Nosas Letras.

Rosalía, Xela Arias, Luísa Villalta... e cantareiras como As Cantareiras de Mens, Fillas de Cassandra e mesmo as Tanxugueiras foron as protagonistas desta xornada.

Gustounos tanto que ao rematar decidimos saír ao patio a tocar a pandeireta, cantar e bailar!


Moitas grazas a Zeltia pola súa labor e ao Concello de Moeche por facelo posible.









PARTIDO FUTSAL PROFES VS ALUMNOS/AS

Como xa vén sendo tradición, na última semana o profesorado desempolva o seu traxe de gala para bailar coa pelota sobre a pista de fútbol sala do cole. Unha vez máis, o claustro deu unha lección sobre como moverse dentro da cancha ofrecendo un espectáculo digno de primeira división. Mágoa que xa non son precisamente chavales/as e o estado físico lles xogou unha mala pasada fronte ao alumnado.

Aínda así sacaron uns decentes resultados:

- Derrota ante infantil por 2-1. 

- Derrota ante 1º e 2º por 3-1.

- Victoria ante 3º e 4º por 0-1.

- Empate (con motísimo mellor xogo das profes) con 5º e 6º a un gol.

Deixamos un vídeo para que anotedes os highlights da xornada previa aos andares de Playmobil con maniotas do claustro modestino.



INTRUCCIÓN USUARIOS COMEDOR ESCOLAR

 INSTRUCCIÓN

MODELO AUTODECLARACIÓN

Este ano hai cambio con respecto á unidade familiar. Por favor, revisade para evitar erros

Un cambio moi importante, na páxina 30-31 ven un novo concepto de unidade familiar, copiado integramente da definición da AEAT para a declaración do IRPF, o parágrafo inportante e:

Nos casos de separación legal ou ausencia de vínculo matrimonial nos que a garda e custodia dos fillos sexa compartida, se non se xustifica a existencia de mutuo acordo entre os proxenitores para que á "tributación conxunta" se acólla un ou outro, mutuo acordo que deberá ser previo á presentación das declaracións, os dous proxenitores, e tamén todos os fillos, deberán tributar en réxime de "tributación individual".

Polo tanto enténdese que sin mutuo acordo, os dous proxenitores terán que sumar os seus ingresos para facer o cálculo das tarifas de comedor.

Importante: Os dous proxenitores terán que figurar na aplicación de comedores excepto unidades monoparentais (con certificado) ou custodia única.
As separadas ou unidadas por calquera vínculo terán que figurar os dous proxenitores..

martes, 17 de xuño de 2025

CONTACONTOS MADE IN FEITO NA CASA!

 Esta semana está sendo moi movida na nosa biblioteca!

O luns comezamos visualizando os booktrailers que fixeron os maiores, onde nos recomendaron lecturas moi interesantes como "Pete the cat" ou "Supertato".

Acto seguido comezou o tempo de contar contos, que tanto nos gusta. O primeiro foi "Chocolata", narrado por Valeria e interpretado por Carolina, Julia e Josué facendo da protagonista.



E despois tocou unha pequena sorpresa, pois as alumnas de 6º, Oihane e Candela, deixaron a todos abraiados coa narración e interpretación do conto "Plumi", que narra as mil e unha aventuras dun pingüín. Finalizaron a historia cun pequeno concerto no cal podía participar todo o alumnado que quixera! 
P.D. Curráronse esta actividade nos seus tempos de lecer para regalarllo aos compis en fin de curso!








domingo, 15 de xuño de 2025

Booktrailers!

 Pois rematamos as clases de inglés con dous Booktrailers como recomendacións para ler no verán...

Enjoy your vacation!!!

PETE THE CAT, elaborado polo alumnado de 5º de primaria


SUPERTATO, elaborado polo alumnado de 6º de primaria.




EXCURSIÓN A PEDROSO 2025

Como xa manda a tradición, o alumnado de 5º e 6º despide a súa etapa educativa no Camping Río Xuvia, Pedroso. Alí, as monitoras de Tempus demostraron unha vez máis que son as mellores, e fixeron que a rapazada pasara tres días inesquecibles!

Moitísimas grazas por todo Antía e Sara!!!

E como unha imaxe vale máis que mil palabras... Deixamos vídeo resumo, esperamos que vos guste!



mércores, 11 de xuño de 2025

martes, 10 de xuño de 2025

ROUPA PERDIDA!

 Queridas familias:

Un ano máis, seguimos aumentando o noso patrimonio téxtil. Agradecémoslles moito aos nenos tan grande ofrenda, pero quédanos un pouco pequena. 

Se alguén recoñece algunha destas prendas, pode vir recollelas ou dicirlle ao seu fillo/a que o faga nalgún momento da xornada escolar.







MOITAS GRACIAS!


venres, 6 de xuño de 2025

RECREOS CREATIVOS

Durante o curso escolar foron chegando varios materiais do proxecto de Polos Creativos da Consellería. Moitos deles foron usados nas diferentes aulas para levar a cabo a adquisición de contidos curriculares, tal e como podedes ver noutras entradas ao blogue. 

Pero ultimamente tamén aproveitamos para, nos recreos, sacar parte destes materiais e deixar que as nenas e nenos xoguen con eles nunha zona do patio, tanto interior como exterior. Os xogos elixidos foron aqueles que cremos que desenvolven a creatividade, o traballo en equipo e o achegamento ao ámbito STEAM  (Science, Technology, Engineering, Arts and Mathematics).

Deixamos unhas fotos para que vexades que ben o pasan!






mércores, 4 de xuño de 2025

FINAL DO PROXECTO SOBRE A IDADE MEDIA!


Na xornada de onte vivimos unha marabillosa experiencia que cerra o proxecto conxunto co CEIP de A Barqueira. Nós coa Idade Media i eles/as cos castros iniciamos unha viaxe aló por outubro que rematou na área recreativa do Castro, en Cerdido.

O alumnado de ambos centros, e coas familias presentes, realizaron unha exposición do traballo de todo un ano. Para todas aquelas persoas que non puidestes asistir, aquí vos deixamos o enlace para ver toda a presentación enteira, sen os vídeos cortados. 

Xa sabedes, collede flocos de millo, sofá, e a disfrutar de tooooodo o contido sen cortes!


CLIC PARA VER A PRESENTACIÓN

ENTREVISTAS DEPORTISTAS

 As alumnas e alumnos de 3º de primaria estiveron traballando a entrevista dentro da materia de Lengua Castellana.

Para iso, inventaron e redactaron os guións cos diálogos, ensaiáronos e finalmente, decidiron grabalos na Radio 23 do cole!

Agardamos que vos gusten!


martes, 3 de xuño de 2025

PUBLICACIÓN GAÑADOR@S CONCURSO CHISTÍN


 


PUBLICACIÓN GAÑADOR@S  CONCURSO CHISTÍN

5º E 6º : UXÍO

3º E 4º: LÍA

EI, 1º E 2º: NOA, ANTÍA, UXUE, ERIN E PAULA.

Pero tamén están premiados.....:

  • Aqueles que participaron en TODAS as proba con 1 erro.
        Noel, Adrián( 1º), Gael, Martín, Leo, Asier e Ander.
  • Aqueles que participaron na metade ou máis da metade das probas propostas.
        Mario, Karen, Briana, Breogán, Anxo, Sofía, Efrén, Abraham, Alexis, Estela,                     Julia, Adrián(5º), Nuno, Candela, Héctor, Oihane, Sergio e Iván.


NORABOA A TODOS E TODAS

Cerrado por vacacións!

Un curso máis chega o momento que máis triste nos pon...o peche da biblioteca. Chega o verán e aínda que queremos descansar, votarei de menos a vosa presenza na miña casa que tatnta vida lle dades.

Este ano, o peche será doblemente especial, non só por recordar todas as aventuras vividas ao longo deste curso, senón tamén pola presentación do voso libro "Modestina na Idade Media".

Espero que esta andaina a disfrutárades tanto coma min...e por suposto que non será a última.

E recordade ler algún libro este verán porque libro pechado...TEMPO TIRADO!

A vosa querida Modestina




Se queredes ler esta gran aventura...