A Fundación "Unoentrecienmil" fainos chegar o seu diploma de agracedemento por ter participado na carreira solidaria para a investigación sobre a leucemia infantil.
Moitas grazas a toda a comunidade educativa por participar!
A Fundación "Unoentrecienmil" fainos chegar o seu diploma de agracedemento por ter participado na carreira solidaria para a investigación sobre a leucemia infantil.
Moitas grazas a toda a comunidade educativa por participar!
Como punto e final a este curso tan saudable, todos os nenos e nenas do cole traballamos de forma colaborativa para expoñer os nosos coñecementos sobre a pirámide alimenticia.
Para iso, crearon a pirámide cunha estructura de madeira e colocaron os diferentes alimentos feitos con impresión 3D.
Tamén, preparamos unha presentación e nos dispoñemos a explicarlle aos nosos compañeiros/as os diferentes alimentos que alí aparecen, qué nos aportan e cantas racións debemos tomar de cada un.
Os nenos de 1º e 2º faláronnos dos cereais.
Os nenos de Infantil explicáronnos as froitas e as verduras.
Os nenos de 5º e 6º expuxéronnos os lácteos e as proteínas.
Os nenos de 3º e 4º faláronnos dos doces e as graxas.
Podedes ver todas as fotos premendo na imaxe.
Un ano máis, decidimos colaborar coa fundación "Unoentrecienmil", coa proposta "La vuelta cole" consistente en organizar unha carreira arredor do centro para recadar fondos para a investigación da leucemia infantil.
Somos poucos pero moi solidarios, e conseguimos aportar o noso gran de area para a causa (cando teñamos listo o ingreso comunicaremos exactamente o recadado).
Queremos agradecer a toda a comunidade educativa a implicación nesta proposta que esperemos se prolongue durante moitos anos máis.
Esta semana tivemos, voluntariamente, exhibición de talentos. É que as nosas nenas e nenos non deixan de sorprendernos...
Deixamos un vídeo con propostas como: a mostra dun tren feito por Uxío en Proxecto Competencial, os cadros de Éric, piano con Alexis, Estela e Asier, tambor con Breo e Paula; e, por último, baile con Briana, Breo e Paula.
Hoxe tivemos a sorte de contar no cole con Miguel Guido, un artista polifacético que fixo cantar e bailar ao público modestino ao son das súas cancións. Todo isto cun fío condutor do conto escrito por el "O lobo feliz", que narra as aventuras dun lobo que non quería ser feroz.
Este mércores desprazámonos ao Concello veciño para pasar unha mañá moi divertida á sombriña. Na Fraga Máxica xogamos a buscar seres extraordinarios e realizar os circuítos que alí hai. Ademais aproveitamos para tomar unhas ricas merendas e xogar moito!
Hoxe na biblioteca de Modestina tivemos a oportunidade de desfrutar dunha marabillosa actividade titulada "De Rosalía ás cantareiras". Zeltia, de "A xanela do Maxín" foi a encargada de facer que o alumnado emprendese unha viaxe desde o 17 de maio de 1863 ata hoxe. Na mesma repasamos a todas aquelas mulleres que foron protagonistas polo Día das Nosas Letras.
Rosalía, Xela Arias, Luísa Villalta... e cantareiras como As Cantareiras de Mens, Fillas de Cassandra e mesmo as Tanxugueiras foron as protagonistas desta xornada.
Gustounos tanto que ao rematar decidimos saír ao patio a tocar a pandeireta, cantar e bailar!
Como xa vén sendo tradición, na última semana o profesorado desempolva o seu traxe de gala para bailar coa pelota sobre a pista de fútbol sala do cole. Unha vez máis, o claustro deu unha lección sobre como moverse dentro da cancha ofrecendo un espectáculo digno de primeira división. Mágoa que xa non son precisamente chavales/as e o estado físico lles xogou unha mala pasada fronte ao alumnado.
Aínda así sacaron uns decentes resultados:
- Derrota ante infantil por 2-1.
- Derrota ante 1º e 2º por 3-1.
- Victoria ante 3º e 4º por 0-1.
- Empate (con motísimo mellor xogo das profes) con 5º e 6º a un gol.
Deixamos un vídeo para que anotedes os highlights da xornada previa aos andares de Playmobil con maniotas do claustro modestino.
Esta semana está sendo moi movida na nosa biblioteca!
O luns comezamos visualizando os booktrailers que fixeron os maiores, onde nos recomendaron lecturas moi interesantes como "Pete the cat" ou "Supertato".
Acto seguido comezou o tempo de contar contos, que tanto nos gusta. O primeiro foi "Chocolata", narrado por Valeria e interpretado por Carolina, Julia e Josué facendo da protagonista.
Durante o curso escolar foron chegando varios materiais do proxecto de Polos Creativos da Consellería. Moitos deles foron usados nas diferentes aulas para levar a cabo a adquisición de contidos curriculares, tal e como podedes ver noutras entradas ao blogue.
Pero ultimamente tamén aproveitamos para, nos recreos, sacar parte destes materiais e deixar que as nenas e nenos xoguen con eles nunha zona do patio, tanto interior como exterior. Os xogos elixidos foron aqueles que cremos que desenvolven a creatividade, o traballo en equipo e o achegamento ao ámbito STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts and Mathematics).
Deixamos unhas fotos para que vexades que ben o pasan!
Durante as pasadas semanas estivo a levarse a cabo nos recreos un torneo de fútbol sala na modalidade de 3x3. Tivo unha boa acollida entre o alumnado de infantil e primaria. Houbo 9 equipos en total que disputaron un gran campionato, resultando gañadores na categoría MINI o conxunto de "Baby Yoda" e na de MAXI o "Celta Z".
Queremos dar as grazas a todos os participantes, especialmente a Lía, Iván e Adri que ademais de xogar colaboraron como árbitros/as.
Como ven sendo tradición nestes últimos anos, os nenos e nenas dos coles de "A Barqueira", "O Marbán" e "San Ramón" reunímonos nunha agradable velada. Nesta ocasión os anfitrións foron os nosos amigos de As Somozas.
Pasamos unha mañá moi divertida realizando diferentes talleres relacionados coa chegada da primavera:
- Realización dunha alfombra floral conxunta cos nomes dos nosos coles.
- Decoración dun maio vertical.
- Composición artística feita con estampación de follas.
- Creación de grilandas de laranxas, limóns e ovos para o maio.
- Elaboración dun marcapáxinas con flores.
Despois de tanto traballo, chegou o momento de merendar pastelón, empanada e froita. Que rico estaba todo!
Tras isto, os maiores dos tres coles, recitáronnos unhas coplas adicadas aos maios, ás cantareiras e, incluso, unha delas musicada.
Finalmente, chegou o momento de voltar ao "San Ramón" cargados dos nosos traballiños e co corazón cheo de novas amizades.
SEMPRE É UN PRACER COMPARTIR ESTAS EXPERIENCIAS COS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS!
Desta volta, e continuando co proxecto en común que estamos a facer co CEIP da Barqueira, dirixímonos ata Cedeira para visitar o Castro do Sarridal e o Castelo da Concepción.
Aprendimos moitas cousas sobre a época castrexa, época na que están a traballar os nosos amigos da Barqueira, e descubrimos que os restos arqueolóxicos do Castro de Cedeira pertencían a unhas saunas, onde os nosos antepasados tomaban os seus baños de vapor. Teñen unha antigüidade de máis de 2.000 anos!!
Este asentamento fortificado situábase estratéxicamente ao
lado do mar, aproveitando a protección natural dos cantís da ría de Cedeira.
Tamén aprendimos acerca do Castelo da Concepción, unha
fortaleza defensiva do S.XVIII e desfrutamos admirando as súas murallas, cañóns
e vistas á ría.
E ata nos quedou tempo para merendar, xogar e pasar unha marabillosa
mañá de convivencia co cole veciño.
Pinchade aquí para ver máis FOTOS deste día.
Seguindo co noso proxecto da Idade Media o pasado venres visitamos a estrutura medieval máis famosa de Moeche: o castelo. Convidamos ás nenas e nenos de Cerdido a pasar a mañá con nós e foi estupenda.
O Concello de Moeche abriu as portas do castelo e foi Ramón Carballeira o encargado de ensinarnos moito e moi ben sobre a cultura medieval modestina. Non podía faltar o berro de "luuuumeeee" no alto para celebrar a nosa particular revolta irmandiña.
Ademais, por quendas, puidemos disfrutar dunha sesión de xogos medievais onde practicamos cos arcos, as billardas e algún que outro xogo máis.
Pasámolo xenial i esperamos pronto a visita ao Concello veciño onde aprenderemos sobre a cultura castrexa!
Durante estes días, nas clases de Educación Física, estivemos a preparar un reto que nos enviaron as nosas amigas e amigos da Asociación Chamorro de Narón. Este centro propuxo a todo o mundo participar nun reto sobre xogo tradicional ao cal non dubidamos en apuntarnos. Este foi o resultado:
Deixamos tamén o vídeo co que se propuxo o "Reto Chamorro" e así podedes coñecer un pouco máis sobre esta Asociación:
Este ano xogamos un torneo dun deporte alternativo do cal somos moi fans en Moeche: o PINFUVOTE. É unha práctica que combina disciplinas como o Pimpón, Fútbol, Voleibol e Tenis. Moi sinxelo de aprender e súper dinámico.
Foi tal a acollida que decidimos facer un torneo entre o alumnado interesado nos recreos. Despois dunha disputada liga regular eran os equipos de "Os Chispas" e "Bill Balazos" quenes disputarían a gran final.
Tras un gran partido foron "Os Chispas" quenes se alzaron coa victoria. Parabéns aos seus integrantes: IVÁ, SERGIO, JULIA, ÁLVARO, ALEXIS, LEO I ERIN.
O pasado luns tivemos unha excursión de todo o cole a Galipark, en Padrón. Un parque multiaventura moi divertido no cal os nosos peques pasaron unha mañá moi entretida.
As nenas e nenos de infantil xogaron nos hinchables, fixeron chapas e chaveiros moi molóns. Por outra banda, primaria, que xa teñen máis "altura" participaron no primeiro nivel da ponte colgante, tiráronse na tirolina, lanzaron frechas no tiro con arco e remataron con láser tag.
Pasárono pipa e algún preguntaba na saída se volvíamos para o ano!
Deixamos un Drive con fotos do día:
A segunda fase do cros de XOGADE levouse a cabo en O Feal, Narón. Ata alí foron Éric e Noel, os nenos que consigueron clasificarse da primeira fase. Pasaron unha mañá moi entretida e fixeron unha gran carreira!
Como xa é tradición o Entroido comezaba xa hai uns días no cole coa chegada do Meco. Este ano tocou un ben trastiño que se encargou de facernos levar de todo durante uns días!!!
Calcetíns nas mans, roupa do revés, disfraz tolo... e senón... FARIÑA!!!
Pero todo foi un pequeno quencemento para o gran día. Hoxe enchemos as rúas modestinas de castrexos e castrexas. Lembrade que este ano intercambiamos as vestimentas cos nosos amigos e amigas de Cerdido.
Con machados e trisqueles iniciamos o noso roteiro por San Ramón ata o Concello, onde nos recibiron e cantamos unha canción con baile!
Logo tocaba volver ao centro e desfilar, tantos nenos/as como aquelas familias divertidas que fixeron este día un pouco máis especial se cabe. No concurso os mellores disfraces foron para:
- A medio gas, onde coma sempre, Xian ofreceu as súas mellores galas e deleitou ao público cuns derrapes de gran motorista.
- O príncipe de Balocos cun viaxe á infancia das mamás e papás que puideron recrear unha das loitas máis típicas das merendas do Xabarín: SonGoku vs Picolo.
- Las mamis en el Gym. Catro rapazas que demostraron estar moi fit, levantando as súas pesas e facendo os seus exercicios que evidenciaban grandes resultados na súa musculatura.
- Equipo Vileda. Unha señoriña que deixou o chan do centro moi limpiño co seu exército de fregonas. Un disfraz "de altura" que non deixou indiferente a naide.
Xa co Meco Pepe chorando os seus últimos lamentos, as nenas e nenos léronlle as súas coplas. Unha vez máis as profes cobramos moito máis que o Meco. Todas estiveron de marabilla, pero o xurado decidiu nomear gañadoras deste ano a:
- Martín, de 2º de primaria.
- Efrén, de 4º de primaria.
- Oihane, de 6º de primaria.
O alumando de 3º e 4º encargábase de ler por Pepe o seu testamento antes de ser queimado, dando fin ao Entroido deste curso.
Deixamos un vídeo resumo da xornada de hoxe. Queremos das grazas a todas aquelas persoas que vos animastes a pasar un ratiño con nós.
Que teñades un bo fin de semana longo!