venres, 30 de maio de 2025

GAÑADORES CONCURSO CHISÍN 2024-2025

 GAÑADORES CONCURSO CHISÍN 2024-2025

Queridas familias, parabéns por participar un ano máis no meu concurso. 

Como xa sabedes, non só haberá premios para os gañadores(que acertaron   TODAS as probas) senón que tamén se premiará a aqueles e aquelas que participaron na metade ou máis da metade das probas. 

E, haberá tamén un premio especial para todos os que só cometeron un erro.

A entrega de premios realizarase un pouquiño máis adiante, XA AVISAREI !!!


UNHA GRANDÍSIMA APERTA 


mércores, 28 de maio de 2025

Lectura en familia con Charo Pita

 Onte á tarde tivemos a sorte de escoitar a Charo Pita na nosa biblioteca. Puidemos comprobar como unha simple historia pode coller forza según a maneira de contala e de escoitala. Fíxemolo grazas a presenza das nosas familias e cativ@s . Ademais tamén nos firmou o libro "Velliñas" que tiñamos nas nosas baldas.













venres, 23 de maio de 2025

TORNEO FÚTBOL SALA 2025

Durante as pasadas semanas estivo a levarse a cabo nos recreos un torneo de fútbol sala na modalidade de 3x3. Tivo unha boa acollida entre o alumnado de infantil e primaria. Houbo 9 equipos en total que disputaron un gran campionato, resultando gañadores na categoría MINI o conxunto de "Baby Yoda" e na de MAXI o "Celta Z".

Queremos dar as grazas a todos os participantes, especialmente a Lía, Iván e Adri que ademais de xogar colaboraron como árbitros/as.



10º ACERTIXO PARA LUNS 26 DE MAIO

Ola amigos e amigas, Chistín informa de que proximamente publicará os gañadores de cada categoría. Tamén haberá premios para todos os que participaron na metade ou máis das probas proposta.

ATA PRONTO!!!


 



10º ACERTIXO PARA LUNS 26 DE MAIO -  ÚLTIMA PROBA DE CHISTÍN...

EI/ 1º E 2º: 

Debes encontrar nestas palabras o nome de 7 animais



SOLUCIÓN: Gato, Ratón, Burro, Gorila, Tiburón, Luciérnaga e Perico

GAÑADORES: Marío, Adrián, Karen, Noa, Martín, Antía, Uxue, Leo, Erin, Noel, Paula e Gael


3º/4º: 

Debes resolver este exercicio 

00=2

1752=0

2061=2

4341=0

4096=3

1985= ?


SOLUCIÓN: 3 (había que contar os círculo de cada número)

GAÑADORES: Lía, Alexis, Asier, Ander e Abraham

5º/6º: 

Debes conseguir sumar 20 con cinco cifras impares

SOLUCIÓN: 11+3+5+1( non se indicaba en ningún sitio que tiveran que ser números dunha única cifra)

GAÑADORES: Uxío, Julia e Adrián

xoves, 22 de maio de 2025

9º ACERTIXO PARA VENRES 23 DE MAIO

 9º ACERTIXO PARA VENRES 23 DE MAIO

EI/ 1º E 2º: 

Ata min os ríos chegan
e por min os barcos van.
Como unha manta turquesa
de auga cubro o planeta.


SOLUCIÓN: o mar

GAÑADORES: Noel, Leo, Adrián, Noa, Mario, Briana, Uxue, Isabella, Paula, Antía, Sofía, Gael, Martín, Erin e Karen.


3º e 4º:

A ver se sabedes continuar: 1, 4, 9, 16 , .....Cal é o número seguinte? Por que?

SOLUCIÓN: 25( porque se multiplicaban os números por si mesmos: 1X1; 2X2; 3X3; 4X4 e 5X5)

GAÑADORES: Lía, Ander, Abraham, Asier, Estela, Efrén e Alexis


5º/6º:

Nun xardín hai unha zona cuberta de margaridas, e cada día esa zona dobra o seu tamaño. Se tarda 12 días en cubrir todo o xardín. Canto tarda en cubrir a metada do xardín?

SOLUCIÓN: 11 días( o 100% do xardín estaría o día 12, así que a metade sería o día 11)

GAÑADORES: Sergio, Julia, Adrián, Nuno, Uxío e Héctor


mércores, 21 de maio de 2025

8º ACERTIXO PARA XOVES 22 DE MAIO

 8º ACERTIXO PARA XOVES 22 DE MAIO

EI/ 1º E 2º :

Levo a casiña enriba,


a mi cabeza de serpe é,


aínda que  moi amodiño vou,


máis amodo vai o caracol.

SOLUCIÓN: A tartaruga

GAÑADORES: Mario, Uxue, Karen, Paula, Martín, Erin, Gael, Noel, Leo, Adrián, Antía e Noa


3º/4º: Cal é palabra que se escribe mal en todos os diccionarios?

SOLUCIÓN: A palabra "mal"

GAÑADORES: Efrén, Lía, Asier, Ander e Alexis



5º/6º: Cal é o número que falta?

SOLUCIÓN: 20. Se separamos os cadrados e sumamos os números que hai no interior de cada un, da 24; por iso, no último cadrado faltan 20


GAÑADORES: Adrián, Uxío, Héctor, Iván, Candela, Oihane e Nuno



martes, 20 de maio de 2025

7º ACERTIXO PARA MÉRCORES 21 DE MAIO

 7º ACERTIXO PARA MÉRCORES 21 DE MAIO


INFANTIL, 1º E 2º: 

Que árbore podes levar nunha man?

SOLUCIÓN: A Palma

GAÑADORES: Briana, Erin, Mario, Martín, Gael, Adrián, Noa, Paula, Leo, Antía, Uxue, Karen e Noel


3º E 4º: 

Se a irmán do teu tí non é a túa tía, quen é ela para ti?

SOLUCIÓN Miña nai

GAÑADORES: Alexis, Ander, Asier, Lía e Efrén


5º E 6º:

Que hora será se queda unha terceira parte das horas que xa pasaron?

SOLUCIÓN Son as 6:00 pm

Pasaron 18 horas e quedan 6 horas: entonces son las 6:00 pm

GAÑADORES: Oihane e Uxío

Parabéns para todos os que aínda que non acertaron, fixeron razoamentos moi interesantes.

luns, 19 de maio de 2025

6º ACERTIXO PARA MARTES 20 DE MAIO

 6º ACERTIXO PARA MARTES 20 DE MAIO

INFANTIL, 1º E 2º: 

Que hai na carne e na froita que non se atopa no peixe nin no leite?

SOLUCIÓN: Letras "a" e "r". Pero dado que varios participantes deron outra resposta moi ben pensada,  Chistín tamén dará por válida a resposta "óso"

GAÑADORES: Briana, Paula, Noa, Erin, Karen, Uxue, Antía, Anxo, Mario, Breogán, Adrián, Leo, Gael e Noel


3º E 4º: 

Cando está verde, paras e cando está vermello continúas.Que é?

SOLUCIÓN: "A sandía"

GAÑADORES: Ander, Estela, Asier, Alexis, Efrén, Abraham, e Lía


5º E 6º:

Que tres números dan o mesmo cando se multiplican e se suman?

SOLUCIÓN:  os números 1 ,2 e 3

        1+2+3 = 6            1X2X3=6

GAÑADORES: Sergio, Uxío, Adrián, Oihane, Julia, Héctor, Candela, Iván e Nuno.

domingo, 18 de maio de 2025

Pandeireta cantareira!

 O pasado venres celebramos o día das Letras Galegas todos xuntos cunha xornada chea de contos, xogos e por suposto...CANTAREIRAS!

Moitas grazas a todos os que participastes para que un ano máis a nosa lingua se sinta viva



venres, 16 de maio de 2025

5º ACERTIXO PARA LUNS 19 DE MAIO

 

5º ACERTIXO PARA LUNS 19 DE MAIO


INFANTIL, 1º E 2º: 

Que é o que é algo e nada tamén?

SOLUCIÓN: O Camaleón

GAÑADORES: Sofía, Gael, Noa, Leo, Briana, Mario, Noel, Adrián, Paula, Antía, Breogán, Erin, Isabella, Karen e Uxue

3º E 4º: 

Con nome de emperador ruso comezo, un nome de plato de marisco son e moito ao teatro vou

SOLUCIÓN: A Zarzuela

GAÑADORES: Lía, Asier, Estela, Ander, Abraha, e Alexis

5º E 6º: Chistín púxose algo musical e manda 

GAÑADORES: Sergio e Uxío

Debedes rescribir a partitura tendo en conta os intervalos que vos indica e coidado co compás.

Podedes entegralo nunha folla da libreta de pentagrama



SOLUCIÓN: En clase de música

FONDO LIBROS CURSO 2025- 2026

ORDE do 28 de abril de 2025 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2025/26 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 17 de maio ata o  20 de xuño de 2024, inclusive.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,Guía de procedementos e servizos - Sede electrónica - Xunta de Galicia

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Neste caso a solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro.

Se alguén desexa entregar os formularios de xeito presencial, debera facelo con CITA PREVIA


xoves, 15 de maio de 2025

4º ACERTIXO PARA VENRES 16 DE MAIO

 4º ACERTIXO PARA VENRES 16 DE MAIO

INFANTIL, 1º E 2º: 

Cando un león se mete na cama, en que se transforma?

SOLUCIÓN: O Camaleón

GAÑADORES: Breogán, Briana, Noel, Noa, Adrián, Aroa, Uxue, Anxo, Gael, Mario, Martín, Leo, Erin, Karen, Sofia, Vicen, Julieta, Isabella, Antía e Paula

3º E 4º:

Un destes debuxos é un INTRUSO. Cal?  Poe  que?

GAÑADORES: Álvaro, Abraham, Lía, Asier e Estela

 

SOLUCIÓN: O número 4 porque é unha mán esquerda e todas as demais son máns dereitas

5º E 6º:


 Son un número de 3 cifras, a suma destas  é  7. A 1ª cifra é a metada da terceira e un cuarto da segunda

Que número son? 

SOLUCIÓN: 142

 

GAÑADORES: Valeria, Oihane, Uxío, Nuno, Candela, Héctor, Iván e Sergio

mércores, 14 de maio de 2025

3º ACERTIXO PARA XOVES 15 DE MAIO

3º ACERTIXO - PARA XOVES 15 DE MAIO

INFANTIL, 1º E 2º: 

Son algo, pero se me nomeas, xa deixo de ser que son. Quen son?

SOLUCIÓN: O Silencio

GAÑADORES: Aroa, Anxo. Noel, Adrián, vicen, Isabel, Noa, Briana, Leo, Karen, Gael, Paula, Breogán, Sofía, Antía, Uxío, Martín, Julieta, Erin.

3º E 4º: 

Un axente da CIA recibe unha mensaxe en clave que dicía: “emerxencia, non saias da casa1!”. Como o descifrou se poñía isto: ?

 

                 EMNOCA                 ERNSSA                 XEAIHO                 NCASXE               IADA!!


 SOLUCIÓN: Unindo as dúas primeiras letras de cada palabra

GAÑADORES: Lía, Abraham, Estela, Asier, Ander e Efrén


5º E 6º:

Cinco nenos están en fila. O máis pequeno ten unha noz, o segundo ten dúas noces, o terceiro ten  3 noces, o cuarto ten 4 noces e o quinto ten 5 noces. Perooo, se o neno con máis noces lle da unha noz ao que está xusto diante del, o neno con menos noces daralle unha noz ao que está destrás del. Cantas noces terán cada un dos nenos ao final?

 SOLUCIÓN: · Neno 1: 0    Neno 2: 3     Neno 3: 3    Neno 4: 5     Neno 5: 4

 

 

GAÑADORES: Valeria, Oihane, Uxío, Nuno, Sergio, Iván, Adrián, Julia


martes, 13 de maio de 2025

2º ACERTIXO - PARA MÉRCORES 14 DE MAIO

 2º ACERTIXO - PARA MÉRCORES 14 DE MAIO


INFANTIL, 1º E 2º: 

Cinco homes saltan a unha piscina, pero solo 4 saen co cabelo mollado, sabes por que? 

SOLUCIÓN: Un dos homes era calvo

GAÑADORES: Mario, Anxo, Sofía, Briana, Julieta, Adrián, Breogán, Noa, Erin, Leo, Gael, Paula, Antía, Uxúe, Noel e Martín

3º E 4º: 

Que é o que ten corazón pero non late, ten memoria pero non esquece e poden pensar e non ten cerebro?

SOLUCIÓN:  O ordenador


GAÑADORES: Álvaro, Ander, Lía e Efrén

5º E 6º:

Nesta cámara cadrada hai varios cabaleiros. Debes conseguir que cada un deles esté na súa cámara privada aillado dos demais empregando solo dous cadrados

(debedes entregar o debuxo, podedes representar os cabaleiros con monigote)

SOLUCIÓN: 


GAÑADORES: Adrián, Sergio, Valeria, Julia, Héctor, Uxío, Iván, Oihane, Nuno e Candela

luns, 12 de maio de 2025

1º ACERTIXO - PARA MARTES 13 DE MAIO

 Ola familias, no día de hoxe iniciamos o concurso Chistín co 1º acertixo. Debe vir resolto mañá a 1ª hora.

2 COUSIÑAS IMPORTANTES:

- Non esquezades poñer xunto coa resposta, o voso nome 

- Comprobade que introducides a resposta na caixa correspondente ao voso curso.


1º ACERTIXO

INFANTIL, 1º E 2º:

Un cabaleiro chega ao castelo de Moeche en Domingo, está no castelo 5 días e abandona o castelo outra vez en domingo. Como é posible?


SOLUCIÓN: Domingo era o cabalo, había que fixarse que estaba en maiúsculas por ser un nome propio

GAÑADORES: Breogán, Paula, Briana, Erin, Noa, Anxo, Gael, Amaia, Uxúe, Noel, Martín, Adrián e Antía.



3º E 4º:

Dous pais e dous fillos van mercar unha chocolatina por 1,20€. O importe total foi 3,60€. Como é posible?

SOLUCIÓN: Había un avó, un pai e un fillo, polo que eran 3 persoal e non catro. 1,20X3= 3,60€

GAÑADORES: Asier, Lía, Efrén, Ander, Abraham e Álvaro.


5º E 6º:

SOLUCIÓN: 

Castelo = 7    Escudo = 8    Espada= 3    Cabaleiro = 2

GAÑADORES: Uxío, Héctor, Julia, Adrián, Nuno, Valeria, Oihane, Candela, Iván


PARABÉN A TODOS E TODAS. Aquel@s que participaron pero non acertaron, que non se desanimen que Chistín sempre valora a participación.

venres, 9 de maio de 2025

Convivencia en As Somozas

 Como ven sendo tradición nestes últimos anos, os nenos e nenas dos coles de "A Barqueira", "O Marbán" e "San Ramón" reunímonos nunha agradable velada. Nesta ocasión os anfitrións foron os nosos amigos de As Somozas.

Pasamos unha mañá moi divertida realizando diferentes talleres relacionados coa chegada da primavera:

- Realización dunha alfombra floral conxunta cos nomes dos nosos coles.

- Decoración dun maio vertical.

- Composición artística feita con estampación de follas.

- Creación de grilandas de laranxas, limóns e ovos para o maio.

- Elaboración dun marcapáxinas con flores.

Despois de tanto traballo, chegou o momento de merendar pastelón, empanada e froita. Que rico estaba todo! 

Tras isto, os maiores dos tres coles, recitáronnos unhas coplas adicadas aos maios, ás cantareiras e, incluso, unha delas musicada.

Finalmente, chegou o momento de voltar ao "San Ramón" cargados dos nosos traballiños e co corazón cheo de novas amizades. 


SEMPRE É UN PRACER COMPARTIR ESTAS EXPERIENCIAS COS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS!

Fotos da xornada

CONCURSO CHISTÍN 2025

 

CONCURSO CHISTÍN 2025

Queridos nenos e nenas, queridas familias: un ano máis chegou Chistín ao colexio cun novo concurso. 



Este ano, o concurso será de ENXEÑO E INTELIXENCIA.                

HABERÁ 3 NIVEIS DIFERENTES: 

Nivel Infantil

Nivel 1: para  3º E 4º

Nivel 2: para  5º e 6º

👀 PRESTADE ATENCIÓN

QUE TEDES QUE FACER?

 Ler a pregunta con calma.

 Intentar resolvela. Podedes pedir axuda na casa.

 Escribir nun anaco pequeno a solución da adiviña e o teu nome 

 Non esquezas poñer o teu nome.

 Ao día seguinte, debes introducir na caixa correspondente ao teu nivel que hai na entrada do colexio o teu papeliño. Chistín revisará todos os días as vosas solucións.

IMPORTANTE: O concurso durará 15 días. Cada día haberá unha proba, un total de 10 probas. Sempre se deben resolver ao día seguinte da publicación no blogue. Non podemos introducir na caixa a solución atrasada doutra pregunta porque entón Chistín non a dará por boa.

ESTADE MOI ATENT@S QUE O PASARÉMOLO BEN!!!

AHHHH ! HABERÁ PREMIOS PARA TODOS OS PARTICIPANTESS E TRES PREMIOS ESPECIAIS PARA OS GAÑADORES DE CADA NIVEL. En caso de empate, os gañadores serán escollidos por sorteo entre os acertantes.

   COMEZAMOS O LUNS  12 DE MAIO