http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
- BLOGUE
- BIBLIOTECA
- ENDL
- EDUCACIÓN FÍSICA
- EDUCACIÓN INFANTIL
- INGLÉS
- MÚSICA
- PLÁSTICA
- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- SECRETARÍA
- PRIMEIRO CICLO
- SEGUNDO CICLO
- TERCEIRO CICLO
- COMEDOR
- OBXECTOS PERDIDOS
- METEOMOECHE
- EDVIARIA
- CHISTÍN
- BIBLIOTECA_CREATIVA
- BIBLIO_SOLIDARIA
- ROBÓTICA
- RELIXIÓN
- REVISTA "O PAPAGAIO"
- TRANSPORTE
- CLUBE_DE_LETRAS
- RADIO 23
- ANPA
- LECTURA E FAMILIAS
- HÁBITOS SAUDABLES
martes, 1 de xullo de 2025
martes, 24 de xuño de 2025
FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 2025 - 2026
O prazo de formalización de matrícula vai dende o 20 ata o 30 de xuño.
Poderá facerse de xeito presencial: IMPRESO MATRÍCULA
Tamén está habilitado o proceso de matriculación en liña: admisionalumnado
venres, 20 de xuño de 2025
xoves, 19 de xuño de 2025
INTRUCCIÓN USUARIOS COMEDOR ESCOLAR
Este ano hai cambio con respecto á unidade familiar. Por favor, revisade para evitar erros
Un cambio moi importante, na páxina 30-31 ven un novo concepto de unidade familiar, copiado integramente da definición da AEAT para a declaración do IRPF, o parágrafo inportante e:
Nos casos de separación legal ou ausencia de vínculo matrimonial nos que a garda e custodia dos fillos sexa compartida, se non se xustifica a existencia de mutuo acordo entre os proxenitores para que á "tributación conxunta" se acólla un ou outro, mutuo acordo que deberá ser previo á presentación das declaracións, os dous proxenitores, e tamén todos os fillos, deberán tributar en réxime de "tributación individual".
Polo tanto enténdese que sin mutuo acordo, os dous proxenitores terán que sumar os seus ingresos para facer o cálculo das tarifas de comedor.
Importante: Os dous proxenitores terán que figurar na aplicación de comedores excepto unidades monoparentais (con certificado) ou custodia única.
As separadas ou unidadas por calquera vínculo terán que figurar os dous proxenitores..
mércores, 11 de xuño de 2025
LISTADO LIBROS DE TEXTO - CURSO 2025-2026
No enlace está o listado de libros de texto para o vindeiro curso 2025-2026
venres, 16 de maio de 2025
FONDO LIBROS CURSO 2025- 2026
O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 17 de maio ata o 20 de xuño de 2024, inclusive.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,Guía de procedementos e servizos - Sede electrónica - Xunta de Galicia
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Neste caso a solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro.
Se alguén desexa entregar os formularios de xeito presencial, debera facelo con CITA PREVIA
mércores, 9 de abril de 2025
xoves, 20 de febreiro de 2025
mércores, 19 de febreiro de 2025
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2025-2026
ADMISIÓN DE ALUMNADO - CURSO 2025-2026
O prazo de presentación das solicitudes será do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos.
Formas de presentar a solicitude:
A solicitude pode presentarse cuberta no centro ou ben presentala de forma electrónica a través da aplicación "admisionalumnado" identificándose con Certificado Dixital ou Chave 365(Procedemento ED550B)
Documentación a presentar xunto coa solicitude:
- DNI do alumn@(en caso de telo) e dos membros da unidade familiar.
- Libro de familia
- Certificado de matrícula(só en caso de vir doutro centro educativo)
- Resolución xudicial en caso de separación ou divorcio dos proxenitores.
Normativa relacionada
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
- Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
sábado, 18 de xaneiro de 2025
RESERVA DE PRAZA CENTROS ADSCRITOS
RESERVA PRAZA NO CENTRO ADSCRITO
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 4 de febreiro.
As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación admisionalumnado no menú: Solicitudes > Reserva > Crear.
A solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle procedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.
Calquera dúbida poden poñerse en contacto coa dirección do centro:
Teléfono: 881930329 ou
Correo electrónico: ceip.sanramon.moeche@edu.xunta.es
martes, 17 de decembro de 2024
venres, 11 de outubro de 2024
luns, 16 de setembro de 2024
xoves, 4 de xullo de 2024
CORRECCIÓN ERROS NA INSTRUCCIÓN COMEDORES ESCOLARES
Podedes consultar a corrección publicada pola Consellería respecto á instrucción de comedores escolares do vindeiro curso 2024-2025 no enlace inferior.
Todas aquelas familias que cubriran o modelo de autodeclaración non acorde con esta nova correción, deberán enmendar a súa solicitude presentando de novo:
- O anexo II de autodeclaración e especificacións debidamente cuberto coa identificación de todos os membros da unidade familiar no exercicio 2023.
- Modelo 100 Declaración do IRPF presentadas na Axencia Tributaria correspondente ao exercicio 2023 de todos os membros da unidade familiar.
Esta documentación debe presentarse canto antes a través de CITA PREVIA no centro educativo. De non facelo, advírtese que a solicitude quedará de oficio co tramo ce 4,50€ por día de servizo. tal e como se establece no punto 6.1 da instrucción 1/2024.
mércores, 3 de xullo de 2024
FONDO LIBROS- LISTAXES PROVISIONAIS
No enlace anterior podedes consultar as solicitudes admitidas. Indica que aínda que poderían ter 4 libros, quedan limitados porque o profesorado solo pide 3.
Para realizar calquera reclamación tedes ata o día de mañá. Podedes facela chamando ao teléfono do colexio ou por correo electrónico.
luns, 1 de xullo de 2024
mércores, 26 de xuño de 2024
IMPRESO MATRÍCULA CURSO 2024-2025
O prazo para a realización da matrícula estará aberto ata o día 2 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas.
mércores, 19 de xuño de 2024
luns, 17 de xuño de 2024
COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024-2025
Xa saiu publicada instrucción de comedores escolares para o vindeiro curso 2024-2025.
Nos enlaces inferiores tedes toda a documentación así como o modelo de autodeclaración que deben presentar no centro todas aquelas familias que desexen facer uso deste servizo para o vindeiro curso.
Instrucción comedores escolares
Podedes presentar o modelo no centro a partir do día 18 de xuño; debe facerse en horario de 10:00 a 11:00 horas. De precisar facelo noutro horario, será preciso solicitar cita previa.