Pois rematamos as clases de inglés con dous Booktrailers como recomendacións para ler no verán...
Enjoy your vacation!!!
PETE THE CAT, elaborado polo alumnado de 5º de primaria
Pois rematamos as clases de inglés con dous Booktrailers como recomendacións para ler no verán...
Enjoy your vacation!!!
PETE THE CAT, elaborado polo alumnado de 5º de primaria
Na xornada de onte vivimos unha marabillosa experiencia que cerra o proxecto conxunto co CEIP de A Barqueira. Nós coa Idade Media i eles/as cos castros iniciamos unha viaxe aló por outubro que rematou na área recreativa do Castro, en Cerdido.
O alumnado de ambos centros, e coas familias presentes, realizaron unha exposición do traballo de todo un ano. Para todas aquelas persoas que non puidestes asistir, aquí vos deixamos o enlace para ver toda a presentación enteira, sen os vídeos cortados.
Xa sabedes, collede flocos de millo, sofá, e a disfrutar de tooooodo o contido sen cortes!
Antes das vacacións de Semana Santa, o alumnado de 5º e 6º presentou o seu speaking para rematar o trimestre.
Dúas historias creadas por eles mesmos que nos representaron no Reino dos Libros con temática gastronómica.
Good job!
Last Friday, we celebrated Valentine's Day by recycling some puzzle pieces that represent our love for others.
Pois xa temos aquí o programa de actuacións do festival do vindeiro venres 20 no cole. Estades todas e todos invitados a ver as pedazo propostas que vos trae o alumnado. Este ano temos de todo: baile, canción, teatro, todo feito con moita ilusión de pasar unha gran xornada!
Deixamos a orde de saída porque sabemos que, nalgúns casos, é complicado asistir toda a mañá, e así sabedes máis ou menos horarios de saída das vosas pequenas e pequenos. Iso si, entendede que son totalmente orientativos...
Esperámosvos o venres!
Como xa é tradición neste cole, e nos gusta axudar, convocamos a nova edición de CHRISTMAS JUMPER DAY. Como sabedes os cartos recaudados irán destinados a obras humanitarias xestionadas por Save the Children.
Celebrarémolo o venres 13 de decembro, onde os alumn@s e mestr@s poñeremos un xerséi de nadal.
MOITAS GRAZAS!
Como últimas actividades de biblioteca, Modestina está encanta de recibir aos nosos cativos que viñeron a contar contos tanto en inglés como en galego...
Non hai mellor maneira para despedir a biblioteca!
Hi! Como vai o inverno? Pois os alumnos/as de 1º e 2º non o levan tan mal afinando e bailando sen parar...ata tiveron a súa propia neve, que nin enfría, nin molla, nin se derrete!
Aquí deixamos o estupendo traballo que fiexeron preparando esta coreografía.
https://www.youtube.com/watch?v=qE7QCdYIygI
Esperamos que o disfrutedes!
See you soon!
O pasado xoves 21 de decembro celebramos e desfrutamos do tradicional festival de nadal.
Ademais de cancións, danzas e obras de teatro, xogamos e tomamos un exquisito chocolate con churros.
Clicade nas fotos para ver en vídeo as diferentes e fantásticas actuacións!
1) Canción infantil "Turrón e mazapán"
O Nadal xa está chamando ás portas e dende o cole estamos aclimatando o ambiente.
Aquí podedes ver algunhas cousiñas que fomos facendo, así como a celebración do Christmas Jumper Day.
Queremos agradecer a vosa colaboración na acción solidaria con "Save the children", a través da cal recaudamos 254,50 €!!
Unha vez recuperados da celebración de SAMAÍN/HALLOWEEN , podemos ver o traballo que fixeron os cativ@s do cole nas sesión de inglés dedicadas a coñecer un pouco máis esta tradición.
Entre arañas saltarinas, cabazas debuxadas e quebracabezas terroríficos reconstruídos entre tripulantes e impostores, fomos capaces de saber que en realidade a orixe de Halloween está no noso Samaín!!!!!
Polo que podemos instaurar o novo SALOWEEN!
O alumnado de 5º de primaria deléitanos esta vez cun podcast sobre "food preferences" (comidas favoritas).
Esperamos que o disfrutedes tanto coma eles facéndoo!
O alumnado de 3º de primaria fálanos neste podcast sobre algunhas "free-time activities" (actividades de ocio e tempo libre) que fan durante a fin de semana.
Esperamos que o desfrutedes!