Hoxe vivimos unha xornada especial no Concello de Moeche xa que participamos no Pleno Infantil organizado para celebrar o Día dos Dereitos da Infancia. Adrián, o noso compañeiro de sexto leu o manifesto que elaboraron no CLIA e que levaron ao Parlamento de Galicia. Ademais, o alumnado de quinto e sexto, en representación de todo o alumnando do cole, compartiu o kit de supervivencia no ámbito dixital. Un conxunto de consellos, reflexións e boas prácticas para navegar na rede e usar a tecnoloxía con seguridade, respecto e responsabilidade.
É fundamental recoñecer e poñer en valor a participación dos nenos e nenas na sociedade, para que poidan compartir as súas opinións que son claras, sinceras e cheas de sentido común!

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.