sábado, 16 de marzo de 2024

OBRADOIRO DE INSECTOS

 Este venres recibimos a visita de Miguel Santamaría, biólogo e entomólogo santiagués.

Gracias ao seu obradoiro puidemos aprender e coñecer máis sobre uns pequenos seres vivos: os insectos.

Quedamos abraiados observando, tocando e collendo, con total seguridade, un bicho pao, dous insectos follas (cunha excepcional camuflaxe), escaravellos, tartarugas, saltóns e milpés xigantes, bolboretas de gran tamaño chuchando o zume dun plátano e ata unha tarántula de pata raiada.

Tamén vimos un escorpión que na escuridade cambia de cor coa luz, caracois xigantes e un cangrexo ermitán que se animou a dar uns pasiños polo chan da biblioteca.

Gracias a este obradoiro, ademais de coñecer estas especies exóticas de África, Madagascar, México..., puidemos vencer os nosos medos e prexuízos e recoñecer a súa importancia nos ecosistemas. 

Desfrutamos moitísimo!

Pinchade na foto para ver o vídeo e no enlace se queredes ver máis fotos deste día.


MÁIS FOTOS


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.