sábado, 13 de xaneiro de 2024

ESTA SEMAMA EN EDUCACIÓN INFANTIL

 Esta semana ademais da superExcursión aos museos da Coruña. As súas Maxestades agasallaron aos nenos e nenas do cole cun regaliño moi especial: uns LAPIS. Pero non uns lápis calquera. Na parte traseira traían unha sementes, polo que despois de usalos poderemos PLANTALOS. A que é xenia!!!  

Aquí vos amosamos o momento da entrega do paquete, primeiro xogamos un pouco a intentar adiviñar de que se trataba!    E logo abrimos entre todas e todos o paquete descubrindo o que era.   


  PREMEDE NA FOTO PARA ACCEDER A GALERÍA  




Por outro lado, tocounos cuidar o invernadoiro. Aquí vai un pequeno vídeo de cando plantamos en Novembro e tamén como regamos esta semana. E poderedes acceder tamén as fotos. 






Preme na imaxe para acceder as fotos




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.